Site icon Crónica3.com A Mariña

Para o concelleiro de Economía de Ribadeo a ordenanza do mercado semanal é máis xusta que a proposta polos vendedores

RIBADEO .- O concelleiro de Economía e voceiro do BNG, Vicente Castro, asegura que “a oposición pediunos unha nova medición e xa é a terceira, e o goberno non se opón a ela, pero poñemos unha condición que será que un dos voceiros dos ambulantes estea presente na medición e eles parece que están de acordo”. Castro engade que “o goberno non comparte esta proposta realizada por eles. Entendemos que a ordenanza actual é máis xusta e máis clara, está consolidada e foi aprobada por todos os grupos hai dez anos. O problema non está nas medicións senón en que queren compensar o importe e a subida que lles tocaría pagar aos que máis ocupan e repartilo entre os demais”.

O edil nacionalista sinala que “o 50% dos ambulantes están pagando correctamente e esta proposta implicaría medir os voladizos dos tenderetes que montan e realmente esa non é a ocupación porque se permite pasar sen problema e con isto compensarían unha hipotética baixada de prezos na ordenanza para os demais e non nos parece xusto. Nós non nos opoñemos a isto pero o tempo vainos dar a razón. Quedamos a expensas do que saia desta nova medición porque de momento non hai unha proposta concreta nin dos ambulantes nin da oposición”.

Exit mobile version