Site icon Crónica3.com A Mariña

Para O BNG de Barreiros a reordenación dos recursos humanos aprobado en pleno non responde ás necesidades

Nota de Prensa

O BNG CONSIDERA QUE O PLAN DE ORDENACIÓN DOS RECURSOS HUMANOS APROBADO HOXE EN PLENO NON RESPONDE ÁS NECESIDADES REAIS DO CONCELLO DE BARREIROS.

Barreiros, 2 de decembro de 2008. O voceiro do BNG, Antonio Veiga, di que <o tema do persoal en Barreiros hai moitos anos que está sumido en continuas irregularidades. Nós en máis dunha ocasión así o fixemos constar porque o modelo de contratación que había era con cantidade de xente contratada a dedo e o que hoxe se nos presentou para aprobación baixo o nome de plan de ordenación dos recursos humanos entendemos que non é a elaboración dunha plantilla de persoal onde se teñan en conta as necesidades de cada un dos servizos do Concello. Eso é o que nos interesa e o que lles interesa aos veciños de Barreiros é que exista un cadro de persoal que resposte ás necesidades de cada servizo para dar dito servizo coa maior rapidez, eficacia e eficiencia posibles e desde logo que non é así>.
Veiga Outeiro engade que <simplemente o que se nos presenta é unha proposta para funcionarizar a 21 traballadores e facer fixos a 35 laborais que en moitos casos eran eventuais. Sin ter nada en contra de que se melloren as condicións laborais dos traballadores, nada máis lonxe, a reflexión que facemos é que o Concello con este plan vai seguir funcionando igual, non se vai mellorar en nada e ademáis a oferta de emprego pública sacará as prazas dos que se van facer funcionarios mediante concurso oposición. Nin siquera se vai crear a praza de interventor tan necesaria para o Concello de Barreiros e á que ten dereito por pasar desde hai anos dos 3 millóns de euros de orzamento municipal>.
Informe desfavorable de intervención
O voceiro nacionalista entende que <se quere dar carpetazo ás irregularidades que houbo durante moitos anos facendo laboral a todo ese persoal que merece todos os nosos respectos, pero para nada resposta esta ordenación dos recursos humanos ás necesidades  reais do Concello>. Antonio Veiga engade que <unha vez máis este procedimento está metido en conflictos legais. Este plan e o cadro de persoal contan con informe desfavorable de secretaría-intervención. Nós entendemos que, tal e como se di aí, si hai unha modificación do cadro de persoal ten que haber unha modificación dos orzamentos que foron aprobados hai un mes. É sospeitoso e sintomático que unha vez máis se emita un informe desfavorable de intervención e que ainda a pesares diso non se deixe o asunto enriba da mesa, en espera de que eso que están advertindo sexa correxido. Máis do mesmo no Concello de Barreiros>.

Exit mobile version