Site icon Crónica3.com A Mariña

Os nenos de hoxe xa non son tan nenos

Otero Regal

Xa non se xoga na rúa. É triste. Igual que xa non coñecemos os veciños do edificio e miramos con estrañeza a calquera descoñecido que nos sorrí e nos regala un ‘bos días’. É o prezo dunha modernidade que chega, aínda que lle custe, a cidades pequenas e tradicionais como Viveiror.

Eu son un rapaz de aldea pequena. Un deses que intentaba xogar partidos interminables de fútbol. Un deses que se volvía á casa cun burato no pantalón porque lle tocara poñerse de gardameta na corredoira chea de pelouriños doentes. Aínda saboreo ao recordar o pan con chocolate que a miña nai me traia, despois de vocear o meu nome. Algún ‘goluco’ metín sen soltar o bocadillo cando xogaba polas carreteras e ca<miños. Botabamos partidos (ou carreiras, ou guerras e ata nos dabamos algunha piña e non dos piñeiros precisamente) cos do fondo de Nois, Cavanas ou Trasmonte. E iso pasaba con centos de rapaces en calquera das aldeas ou barrios de este norte de Lugo acostumado os ventos do nordes. Y ata polo centro de Viveiro, que eu só coñecía porque a miña nai me baixaba a comprar zapatos.
Hoxe miro pola ventá -sigo vivindo nun barrio ahora Xunqueira- e non vexo nenos xogando. Hai rapaces de fútbol no pavillón , de inglés en clase particular, de natación na piscina, … Nenos que se xuntan para un cumpre nun parque deses con bólas. Cativos que quedan a durmir na casa dos pais do seu amigo do cole… Pero xa non teñen a súa ‘panda’ do barrio. Como me acordo de Paco, Xose, Candido, Anxo ou Alejandro. Foron os meus primeiros amigos. Amigos de verdade.
E creo que iso me axudou a ser medianamente esperto (aínda que ma pegue, como calquera). Porque a rúa non me ensinou a controlar os botóns da Nintendo, pero me regalou leccións para manexar a vida.

?. Moi triste pero realista co que esta pasando hoxe en dia. Agora parece que temos que saber os antecedentes de alguén para poder saudalo pola rúa. Hoxe en dia os nenos estan demasiado mimados e influenciados polo que diran os seus pais. Que non fan outra cousa que atrasalos no seu crecemento persoal e atrasar o seu enfrontamento á vida.Aora os nenos xa non teñen amigos.

Exit mobile version