Site icon Crónica3.com A Mariña

Os grupos da oposición de Barreiros solicitan un pleno extraordinario para o investimento dos fondos estatais

NOTA DE PRENSA:

O BNG XUNTO COS OUTROS GRUPOS DA OPOSICIÓN SOLICITA UN PLENO EXTRAORDINARIO PARA ANALIZAR, CONSENSUAR E PROPOÑER AS OBRAS QUE BARREIROS INCLUIRÁ NOS FONDOS DE INVERSIÓN MUNICIPAL DO GOBERNO ESTATAL.

Barreiros, 5 de decembro de 2008. O BNG e os outros grupos da oposición no Concello de Barreiros veñen de solicitar a celebración dun pleno extraordinario para analizar, consensuar e propoñer as obras que o Concello incluirá nos Fondos de Inversión Municipal do goberno estatal que destiñan a Barreiros 574.504 euros. Antonio Veiga considera que “se trata dunha cantidade dunha magnitude considerable tendo en conta que Barreiros ten un orzamento de preto de 3 millóns de euros e esas obras de competencia municipal que se poden facer con eses cartos son moitas. Segundo o decreto aprobado hai uns días polo goberno estatal poden ser obras de adecuación, rehabilitación e mellora de espazos públicos, equipamentos sociais, sanitarios, educativos, culturais, deportivos, protección do medio ambiente, do patrimonio histórico, redes de abastecemento de agua…”.

No BNG entenden que “Barreiros na situación na que está ten que afinar e acertar moi ben nas obras que vai escoller. Non pode ser que estes 574.000 euros se distribúan ao seu libre albedrío por parte do equipo de goberno, tal e como veu facendo cos 2 millóns de euros das licencias de obras dos anos 2006 e 2007. Entón nós o que pedimos é que nese pleno se debatan e se analicen as diferentes propostas dos diferentes grupos políticos a respecto das obras que sexan máis necesarias e máis convintes para Barreiros e si se pode chegar a un consenso pois moito mellor”.

Participación veciñal

Veiga Outeiro cre que “ese consenso hai que extendelo tamén a todos os colectivos veciñais. Hailles que dar participación e información, polo menos desde o BNG imos falar cos colectivos veciñais e desde aquí xa os convidamos a que se reúnan e que analicen posibles obras de interés parroquial e que as trasmitan ao Concello. Hai premura co tempo porque o prazo de solicitude vai do 10 de decembro ata o 20 de xaneiro e nos podemos deixar escapar esta oportunidade. Pero eso sí, hai que invertir eses cartos onde realmente hai necesidades”.

O voceiro do BNG en Barreiros lembra que “ésta é a segunda vez que os grupos da oposición solicitamos un pleno extraordinario este ano. Creo que o primeiro deu os seus resultados coa creación desa comisión de seguimento das obras da A-8 que de non ser por esa convocatoria non se tería realizado. Somos optimistas con respecto a esta nova sesión extraordinaria que plantexamos”.

Exit mobile version