Site icon Crónica3.com A Mariña

Obradoiro informativo en Burela para directivos, técnicos e axentes económicos e empresariais

BURELA .- Burela acollerá o 9 de decembro un obradoiro informativo dirixido ao tecido empresarial. “Atrevete a Innovar”  é como se denomina  este seminario, segundo  informa o edil nacionalista José González Legazpi, responsable da Delegación de Industria, Comercio e Turismo.
González Legazpi considera que “a innovación como ferramenta de competitividade empresarial e a súa visión práctica na empresa serán os núcleos deste obradoiro de interés para o mundo empresarial xa que logo as condicións de innovación constitúen  hoxe un proceso necesario na mellora da competitividade e productividade das empresas, sendo por tanto preciso coñecer as ferramentas necesarias que permitan afrontar o proceso de cambio cara a unha cultura aberta á creatividade e á innovación empresarial”.
Este obradoiro que organiza o grupo de Formación Proxectos, en colaboración coa Cámara de Comercio e o Concello de Burela, coa financiación da Conselleria de Innovación e Industria, tera lugar a partir das 16:00 horas do día 9 de decembro no Centro de Formación Ocupacional e está dirixido principalmente ao persoal directivo ou técnico das empresas , así como a outros axentes económicos.
A asistencia é gratuita, ainda que debe solicitarse previamente a inscripción contactando directamente co servizo  de información no Teléfono 981 36 40 46, e Fax 981 35 98 75, na dirección atreveteainnovar@proxectos.com, ou mesmo na ADL do Concello de Burela chamando ao 982 58 10 93.

Exit mobile version