NOTA DE PRENSA
O Grupo Municipal Socialista solicita un pleno extraordinario para propoñer obras cos fondos que o goberno central destina a Cervo
Os socialistas Cervenses presentarán un plan de inversións tendo en conta as aportacións dos veciños
O Grupo Municipal Socialista presentou o pasado día 5 de decembro un escrito solicitando a celebración dun pleno extraordinario co fin de propoñer obras que son necesarias acometer no concello e que grazas aos cartos que o goberno central destinará a Cervo será posible realizalas nos próximos meses
É a primeira vez no que vai de lexislatura, que os socialistas faremos valer o peso dos catro concelleiros para solicitar un pleno ao que o Concello de Cervo non se pode negar, posto que cúmprese o tercio do total de concelleiros que son necesarios para solicitalo.
Ademais dende o PSdeG-PSOE, creemos moi necesaria a súa celebración, posto que pode servir de folla de ruta e base de traballo para os próximos meses e que en parte proporcionará un balón de osíxeno que paliará a falla de inversión municipal, derivada da incapacidade do goberno do PP en sacar adiante os orzamentos. Temos que recordar que o feito de traballar con orzamentos prorrogados, mantén ao concello de mans atadas para poder realizar inversións e polo tanto os cartos do goberno central serán sen dúbida ben recibidos polos veciños, aínda que dende o PP comezarán a criticalos seguindo as pautas do partido a nivel nacional.
O plan de inversións que o PSdeG-PSOE de Cervo levará ao pleno terá en conta as aportacións veciñais recollidas nos últimos meses, e que en gran parte foron peticións habituais demandadas durante moitos anos, sen que estas foran atendidas por parte do goberno municipal do PP.
O que esperamos os socialistas e que o PP saiba estar á altura das circunstancias e poña mans a obra para non perder ni un so céntimo dos case 846.000 € que o goberno central destina a este concello.