NOTA DE PRENSA
O GMPP espera que PSOE e BNG apoien o martes ós veciños de Foxo.
Os populares aseguran que a información que deron o alcalde e Cando foi escasa e sesgada, e o seu papel “despreciable e cobarde”.
Consideran que o plan de Vivenda é especulativo .
O GMPP manifestou hoxe nunha nota de prensa que espera que o alcalde e Neves Cando apoien ós veciños afectados polo Plano Sectorial da Consellería de Vivenda que no caso de Burela afecta a uns corenta propietarios da zona de Foxo; na súa inmensa marioría presentaron alegacións para a retirada do plano no que a Burela se refire.
O pleno extraodinario celebrarase o martes ás dez da mañán, a petición do PP, que considera unha falta de sensibilidade que se poña un pleno, que afecta a propiedades de veciños, a esa hora, a non ser que o que se pretenda é que non asistan.
Para os populares, a información que deron o alcalde e Nieves Cando foi escasa e moi sesgada, e por riba non se contou antes cos veciños para definir a zona a incluir no Plano Sectorial. O GMPP considera que o Plano de Vivenda é especulativo, porque consigue máis de cincuenta mil metros a prezo de saldo, e logo especularán con el, porque as vivendas que se faigan se cobrarán, eso é indubidable.
O PP solicita que se retire ó Concello de Burela do Plano de Vivenda, e que o concello busque zonas froito do díalogo e non da imposición. Os populares non están en contra de que se faiga vivenda protexida, pero eso non pode ser a cambio de pisar os dereitos dos propietarios. Non sabemos que dirián o alcalde e Nieves Cando se lles “expoliasen as súas propiedades”.
Para os populares, o papelón do alcalde e de Nieves Cando foi “despreciable e cobarde”, porque todo o que puideran saber calárono e non llo dixeron a ninguén hasta que o Plano de Vivenda saiu a exposición pública no Diario Oficial de Galicia, e o PP convocou ós propietarios para darlles a información que había que dar.
En Burela, a vintesete de Decembro de dous mil oito.