Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta manda mulleres a Lugo a facer mamografías, asegura o PP de Burela

Nota de Prensa

O portavoz do PP acredita que a Xunta manda mulleres a Lugo a facer mamografías.

José María González Barcia asegura que o plan de prevención do cancro de mama cústalle cartos ás mulleres.

Considera que PSOE e BNG están a desmantelar servicios na sanidade pública.

O  portavoz do GMPP de Burela, José María González Barcia, acreditou hoxe documentalmente que a Xunta de Galicia está a enviar mulleres da Mariña a Lugo para facer mamografías contempladas no Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama.

González Barcia considera que este servicio, de carácter público, e posto en marcha no seu día pola Xunta do Partido Popular a través dun autobús itinerante e con carácter totalmente gratuito para as mulleres, terá a partires de agora un custo engadido para as mulleres que se acollan ó mesmo, xa que terán que desprazarse a Lugo, coa conseguinte perda de cartos, ainda que só sexa en transporte, perda de tempo e desorganización da súa vida familiar e laboral.

Para Barcia, esta é unha mostra máis de que o PSOE e o BNG están a desmantelar servicios fundamentais para os cidadáns, coma é a sanidade pública. Se nos presupostos da Xunta para 2009 se constata que non haberá ampliación do Hospital alomenos hasta 2012; se se constata que non haberá resonancia estable en Burela; se se constata que as listas de espera do Hospital superan a media galega, agora tamén se constata que os impostos que pagan as mariñanas non deben ser os mesmos cas do resto das galegas, xa que se ven obrigadas a ir a Lugo para facer unha mamografía, vital para elas para a detección do cancro de mama, pero que técnicamente se pode facer no propio Hospital da Costa.

Esto, segundo Barcia, acredita que non interesa ampliar o Hospital, e sí interesa fortalecer con cartos de todos ás empresas privadas sanitarias, como é o caso do traslado de enfermos do Hospital da Costa a centros privados de Lugo e A Coruña para rebaixar as listas de espera, en vez de aumentar e dotar millor ós hospitais públicos, o de Burela entre eles.

González Barcia asegurou que o PP de Burela xa trasladara ó seu grupo parlamentario en Santiago esta situación, para pedir explicacións á Consellería de Sanidade.

Exit mobile version