NOTA DE PRENSA
O PP considera que Burela non conta nin para PSOE nin para BNG.
Os populares lamentan que os presupostos da Xunta non inclúan o Plano Funcional do Hospital ou o subparque de bombeiros para Burela-Cervo.
Afirman que Burela non se merece que Rego e Para enganen ós veciños.
O PP considera que o PSOE e o BNG non fan ninguna aposta polo concello de Burela, xa que nos presupostos da Xunta para 2009 non aportan ningún proxecto novo para Burela e siguen vivindo do que deixou presupostado o PP en 2005, as obras da auga, que van como van, e o acceso ó porto, que está parado.
Os populares consideran que Ismael Rego e Manuel Parga, parlamentarios vencellados con Burela, ademais de non defender a Burela e votar con criterios partidistas, engañaron ós cidadáns xa que en campaña ofrecían a ampliación do Hospital e agora resulta que para 2009 non hai nos presupostos da Xunta nin un só euro a tal efecto, e por riba as listas de espera van en aumento. Os veciños e veciñas do Burela non se merecen políticos que engañan e minten.
O mesmo pasa co pavillón de deportes, que o Bloque dixo que se faría se eles estaban na Xunta e no Concello, polo que terían que pedirle perdón á afición do fútbol-sala, que se sinte engañada, xa que as ampliacións do pavillón fíxoas o PP. Nos presupostos da Xunta para 2009, cero euros de investimento.
Tampouco hai nada para o subparque de bombeiros compartido con Cervo, nin hai nin un só céntimo para o centro de enfermos de Alzheimer, e igual cantidade, cero céntimos, para o porto deportivo.
En definitiva, que Burela non conta para a Xunta bipartita, e que nin o alcalde nin Nieves Cando teñen peso especifico dentro do seu partido, como tampouco o teñen, ainda que son parlamentarios, Rego e Parga, que en catro anos non teñen demostrado nada por Burela, só a “ocupación” de chegar a fin de mes e cobrar dos impostos de todos os cidadáns.
En Burela, a vintedous de Decembro de dous mil oito.