Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP considera malos os datos do paro en Burela

NOTA DE PRENSA:

O GMPP considera “mui malo” o dato de paro rexistrado en Burela en Novembro.

Luis Pedre afirma que hai cincuenta e dous parados máis ca en Outubro.

Considera que o concello de Burela debe adoptar as medidas propostas polo PP.

O GMPP de Burela afirmou hoxe, a través dunha nota de prensa do seu concelleiro Luis Pedre, que os datos do paro do mes de Novembro no conxunto da Mariña e especialmente en Burela son mui malos, e confirman a tendencia de destrucción de emprego que se vén notando desde o verán.

Así, Luis Pedre di que o paro aumentou en Novembro en cincuenta e dúas persoas con respecto a Outubro, ou sexa, un 11’35% máis, de tal xeito que cada día se foron ó paro cáseque dúas persoas.

Para o concelleiro popular, o problema ainda é máis grave en Burela ca no resto da Mariña, porque o aumento no conxunto da Mariña foi de un 9’17%, ou sexa, Burela aumentou o súa taxa de paro rexistrado máis de dous puntos con respecto á Mariña. Comarca que tamén tivo datos preocupantes, porque aumentou o paro en trescentas dezaoito persoas, pasando de 3.149 a 3.467, ou sexa, once persoas máis cada día en para rexistrado.

En Burela, os parados do sector primario son 42; 21 no sector industrial; 46 no sector da construcción, e 247, 37 máis ca en outubro, no sector servicios; os demandantes de primeiro emprego pasan de 96 a 102.

Para Luis Pedre, estes datos confirman que o que pide o PP de Burela de cara ós presupostos municipais de 2009, dous fondos de 250.000’0€ cada un, para familias desfavorecidas e para comercio, autónomos e pequenos e medianos empresarios, tén todo o sentido do mundo, polo que apelamos ó sentidiño común do alcalde para que así se faiga, e se negocien os presupostos entre todos os grupos políticos.

De feito, Pedre indicou que estas mesmas medidas xa as propuxemos con carácter inmediato para o presente ano, e non nos fixeron caso. Agora vese que tiñamos razón, e que o paro vai constituirse nun grave problema para o noso concello.

E o peor de todo é que os cidadáns queren saber que medidas se van adoptar, pero alcalde sigue vivindo no seu mundo, cobrando corenta e cinco mil euros anuais, e non resolve os problemas a quen os tén.

Ademais, Pedre considera que o Pacto Territorial Polo Emprego conta cunha cantidade ridícula, porque trescentos mil euros son unha menudencia, que non axudará a resolver o problema.

En Burela, a cinco de Decembro de dous mil oito.

Exit mobile version