Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP afirma que a Xunta devolveu parte da documentación do convenio do concello de Burela

NOTA DE PRENSA
O GMPP afirma que o Concello tivo que convocar ós sindicatos para asinar actas do proceso de negociación.

Os populares aseguran que a Xunta devolveu parte da documentación.

Pregúntase quen traballa realmente dentro do bigoberno.

O GMPP volveu hoxe a reprocharlle ó alcalde e ó bigoberno burelés o pouco traballo que se está a realizar, porque a documentación que se enviou á Consellería de Presidencia para pechar o proceso de negociación do convenio do persoal foi incompleta, porque faltaban actas de sesions de negociacións sen asinar. Polo tanto, o alcalde tivo que volver a convocar ós representantes das centrais sindicais e dos traballadores para asinar as actas que faltaban.

Para os populares, esto confirma plenamente o que xa dixemos no seu día, que a negociación do convenio se fixo tarde, se fixo mal, e agora acaba como acaba, e mesmo acaba logo de que o pleno aprobara o convenio, o pasado once de Novembro, o que debería provocar que Remedios López se fose para a súa casa, por manifesta incapacidade política, e que o alcalde saise ó lado dela con destino ó país de nunca xamais de Peter Pan.

A ausencia de traballo e de rigor, a falla de interese, e a vanidade destas dúas persoas é tal, que pensan que o concello é o seu feudo personal. E os vecinos de Burela non teñen porqué aguantar semellantes irresponsabilidades. Tampouco teñen porqué aguantalos os traballadores, que vén como se retrasa a publicación do convenio e, polo tanto, a súa entrada en vigor.

A pregunta é mui sinxela: quen traballa realmente no concello de Burela. E a resposta tamén é sinxela: dos políticos, o que é traballar, mui pouquiño ou nada, ainda que algúns non fan ascos cando cobran a fin de mes. O Concello sálvase polos propios traballadores, que son profesionais e saben o que fan.

En Burela, a seis de Decembro de dous mil oito.

O Grupo Municipal Popular de Burela.

O PP lamenta a desgracia do “Rosamar”

Os populares solidarízanse coa tripulación e armadores do barco sinistrado.

O PP de Burela emitiu unha nota de prensa na que lamenta fondamente a desgracia do “Rosamar”, e solidarízase coa tripulación e os seus familiares, así como coa familia propietaria da embarcación.

O PP indica que o longo destes días, a través do seu presidente local, José María González Barcia, tén mantido contactos co armador, así como co patrón maior da confraría, a quen se lles transmitiu a solidaridade dos afiliados e simpatizantes populares de Burela.

Os populares lamentan que unha vez máis o sector mariñeiro en particular e Burela en xeral se tiñan de loito pola tráxica morte de persoas, neste caso procedentes de outros países, que fan que Burela sexa o que é, e que co seu traballo contribúen caladamente a millorar o noso tecido socioeconómico.

En Burela, a seis de Decembro de dous mil oito.

Exit mobile version