XOVE .- O grupo TEATRO ARDORA de Cervo abre o martes 30 a primeira das catro actuacións teatrais previstas dentro do programa de Nadal en Xove. ARDORA poñerá en escena a obra “Dende o Porto a San Ciprián” no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove as oito da tarde. “Dende o Porto a San Ciprián” é unha comedia escrita por Francisco Piñeiro, dirixida por María Paz Rodríguez Silva e interpretada por María Paz Rodríguez, Clara Rey, Luísa Caramés, Josefa Núñez, Mª José López, Lidia Pernas e Adela López.
Nota de Prensa
TEATRO ARDORA DE CERVO, MAÑÁ EN XOVE
Mañá, martes, 30 de decembro, ás 20:00 horas (8 da tarde), TEATRO ARDORA coa obra “Dende o Porto a San Ciprián” vai abrir no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove a primeira das catro actuacións teatrais previstas dentro do Programa deste Nadal 2008-2009; das catro representacións, 2 son de teatro amateur e outras 2 de teatro infantil. Esta primeira actuación corresponde a teatro amateur.
A OBRA
Nos tempos que corren, onde a globalización segue coa teima de medirnos a todos polo mesmo patrón cómpre buscar unha denominación de orixe, un sinal de distinción que avale a nosa singulariedade e identidade.
Por moi lonxe que os avatares da vida nos separen o primeiro recurso ó que sempre recurrimos é ó lugar onde nacemos porque o levamos dentro. Deste xeito nos decatamos da beleza que temos e de que o sinxelo se o aprezamos pode chegar a ser sublime. Pero non sempre ocorre así. Agora está de moda desprezar o da nosa casa e darlle valor ó de fóra.
Dende “O Porto a San Ciprián” é unha comedia escrita por Francisco Piñeiro e dirixida por María Paz Rodríguez Silva coa que pretendemos divertirnos mentres reflexionamos sobor dese fabuloso futuro prometido polo actual progreso acelerado que non apreza o valor do noso pasado.
REPARTO
Sabela…………………………………………….. Mª Paz Rodríguez
Maruxa…………………………………………… Clara Rey
Jenniffer………………………………………….. Luisa Caramés
Silvina…………………………………………….. Josefa Núñez
Lucila…………………………………………….. Mª José López
Felisa……………………………………………… Lidia Pernas
Cándida…………………………………………… Adela López
As actuacións teatrais van continuar xa o vindeiro ano con arranso ao seguinte Programa:
-VENRES, 2 DE XANEIRO: TITERES TRES GLOBOS coa obra “PEDRO E O LOBO”, teatro infantil.
-SÁBADO, 3 DE XANEIRO: OBRADOIRO DE TEATRO AFECCIONADO DE BRAVOS coa obra “OS APUROS DUN ZAPATEIRO”, teatro amateur.
-DOMINGO, 4 DE XANEIRO : TITERES TRES GLOBOS (609 836 170) -“O SAPO ENCANTADO”, teatro infantil.