Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Cervo con Amnistía Internacional polos Dereitos Humanos

CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, adheriuse ao manifesto promovido pola organización Amnistía Internacional en conmemoración do sesenta aniversario da declaración universal dos Dereitos Humanos. Ao mesmo tempo o “Concello de Cervo asume a defensa destes principios como parte do seu traballo institucional diario mediante o establecemento dos medios precisos para apoiar ás vítimas e aos defensores e defensoras dos dereitos humanos que en todo o mundo traballan”.

Nota de Prensa

O rexedor municipal asina un manifesto, promovido polo ONG Amnistía Internacional, para renovar o compromiso das distintas institucións na defensa destes principios e en apoio ás vítimas e os valedores dos dereitos humanos

CERVO ADHÍRESE AO 60 ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

Cervo, 10 de decembro de 2008.- O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez, adheriuse ao manifesto promovido pola organización Amnistía Internacional en conmemoración do 60 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Baixo o título “Todos os dereitos para todas as persoas: renovar o compromiso” esta organización non gobernamental busca que as distintas institucións públicas se comprometan a renovar a súa aposta polos dereitos humanos e a defender a súa universalidade, indivisibilidade e interdependencia, tal e como figuran no texto internacional.

Ao mesmo tempo o Concello de Cervo asume a defensa destes principios como parte do seu traballo institucional diario mediante o establecemento dos medios precisos para apoiar ás vítimas e aos defensores e defensoras dos dereitos humanos que en todo o mundo traballan.

Precisamente no día de hoxe, 10 de decembro de 2008, celebrase o día internacional dos dereitos humanos, rememorando a data na que, en 1948, foi asinado a declaración polo que os distintos estados comprométeronse a respectar e facer cumprir o conxunto de dereitos civís, económicos, políticos, sociais e culturais, proclamando así o dereito a un nivel de vida digno.

Exit mobile version