BURELA .- O Concello de Burela contrata con carácter temporal a 7 auxiliares de axuda no fogar para a área de Servizos Sociais. A concelleira de Persoal, Remedios López Villar, anuncia que “o contrato terá unha duración desde a súa firma ata o 31 de decembro de 2009; a xornada será de 30 horas semanais a razón de 6 horas ao día de luns a venres e será baixo a modalidade de obra ou servizo determinado. O sistema de selección será de concurso de méritos con entrevista”.
Agora ábrese un prazo de 8 días naturais para presentar as instancias correspondentes no rexistro da Casa Consistorial. López Villar lembra que “para acceder a calquera destas prazas é imprescindible estar en posesión do certificado de escolaridade ou equivalente e ter realizado o curso de auxiliar de axuda no fogar de máis de 200 horas de duración”.