NOTA DE PRENSA:
O GMPP afirma que o campo artificial da Marosa ainda non está adxudicado.
Os populares consideran que se retrasou por motivos electorais.
Lembran que a tramitación da obra fíxoa o goberno de González Barcia, como consta no Concello.
O GMPP de Burela afirmou hoxe a través dunha nota de prensa que as obras do campo de fútbol artificial da Marosa ainda están sen adxudicar, e contan cun prazo de execución de seis meses. O GMPP lembra que Nieves Cando dixo no último pleno que estaba todo asinado, e ocultou deliberadamente que as obras ainda estaban se adxudicar, cando non hai moito ela mesma dixo na prensa que as obras estarían rematadas en breve.
Os populares lembran que a solicitude de subvención foi tramitada polo equipo de goberno popular de González Barcia, en abril de 2007, tal e como consta no Concello, co que a Xunta leva ano e medio de retraso para facer a obra.
O GMPP considera que a obra se retrasou para facela coincidir coas eleccións autonómicas, nun claro exemplo de manipulación e propaganda. Os populares lembran que Nieves Cando o único que fai é dar cartos de todos a certos colectivos e deixar sen subvención a asociacións que están traballando cos nenos e nenas de Burela, e que mesmo renuncian á subvención por considerala unha esmola.
En Burela, a sete de Decembro de dous mil oito.