Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro solicitará un pleno extraordinario para aprobar as obras do Fondo Estatal

NOTA DE PRENSA:

O BNG DE VIVEIRO SOLICITARÁ UN PLENO EXTRAORDINARIO PARA APROBACIÓN DAS OBRAS DO FONDO ESTATAL

O BNG DE VIVEIRO CONSIDERA QUE OS 2.779.778 DEBEN DEDICARSE AO SANEAMENTO E REAHABILITACIÓN DO CELEIRIÑO E PARA AS PARROQUIAS RURAIS.

O Bloque Nacionalista Galego presentará mañá unha moción no Concello de Viveiro para que se convoque unha sesión de Pleno co obxecto de debater e aprobar as obras que o Concello de Viveiro debe incluir no Fondo Estatal de Investimento Local destinado a financiar investimentos en proxectos e obras municipais de nova planificación e de execución inmediata.

Xosé A. Goás Basanta manifestou que esta financiación debe dedicarse a obras de saneamento coa finalidade de correxir deficiencias e ampliar o servizo ás parroquias rurais. “ Estamos neste momento nunha reunión do Consello Local do BNG e pódovos adiantar que a nosa proposta vai ir por empregar estes aproximadamente 462 millóns de pesetas en obras de saneamento. O saneamento do Celeiriño non pode agardar, hai que intervir xa e esta axuda é unha boa ocasión para deixar de falar e pasar ás obras necesarias. Tamén se podería empregar na rehabilitación do barrio. De sobraren cartos propoñemos que se complete o saneamento nas parroquias rurais do Concello”

Exit mobile version