Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz presentou aos veciños o Plan Sectorial de Vivenda

O BNG de Foz presentou aos veciños de Foz o Plan Sectorial de Vivenda

Nota de Prensa

O BNG SATISFEITO DA ACOLLIDA DOS VECIÑOS DE FOZ AS SÚAS PROPOSTAS SOBRE O PLAN DE VIVENDA

Os veciños crearon unha comisión de afectados para poñerse en contacto coa Consellaría de Vivenda e Solo

Foz, 2 de decembro de 2008.- O BNG de Foz presentou aos veciños de Foz o Plan Sectorial de Vivenda e a incidencia que vai a ter no concello. Arredor de 80 veciños e veciñas afectados e interesados por este Plan asistiron á charla informativa este luns na Casa da Cultura de Foz.

Neste acto o BNG comprometeuse a facer unha alegación no sentido de retirar o ámbito de actuación denominado Conde de Fontao (que abarca a rúa dos Limoeiros e unha bolsa de solo entre Congostra e Avda. da Mariña). Esta decisión foi ben acollida polos presentes e acordouse facer unha alegación conxunta. Por eso, os veciños que estean de acordo en retirar este ámbito de actuación poden pasar polo local do BNG para asinar dita alegación.

Tamén se informou de que outra das propostas do BNG é rexistrar unha moción para solicitar a retirada do ámbito de actuación “Conde de Fontao” e levala ao próximo pleno para que os demais grupos da corporación a apoien co fin de reunir os máximos apoios a esta proposta.

Ao final, decidiuse por parte dos asistentes crear unha Comisión de afectados para poñerse en contacto coa Consellaría de Vivenda e Solo para manifestarlle a opinión respecto do Plan e para que a Consellaría lles aclare  de primeira man cales van a ser a repercusións do Plan nos terreos afectados nunha reunión próxima.

En xeral, os veciños mostraron boa acollida ao Plan concordando co BNG da necesidade de construir vivenda protexida para que máis persoas de Foz poidan acceder a unha vivenda e para desenvolver bolsas de solo que de outra maneira dificilmente se executaría. O BNG está satisfeito, pois, da acollida que tivo e segue no seu ánimo seguir informando pormenorizadamente do Plan aos veciños e servir de interlocutor entre os veciños e a Consellaría de Vivenda porque pensa que este Plan debe ser de todos e en beneficio de todos.

Exit mobile version