Nota de Prensa
O BNG TILDA DE ANECDÓTICAS AS DECLARACIÓNS DO ALCALDE NAS QUE OS ACUSA DE POLITIZAR A COMISIÓN DE SEGUIMENTO DAS OBRAS DA A-8. OS NACIONALISTAS PÍDENLLE A ALFONSO FUENTE QUE SE DEIXE DE AMENAZAS E QUE SE POÑA A TRABALLAR.
Barreiros, 11 de decembro de 2008. O concelleiro do BNG, Xesús Díaz, tilda de <anecdótico que esas cousas referidas á politización da comisión as diga o alcalde de Barreiros, porque sabemos que todo o relacionado co Concello é político. Ademáis él mesmo cando foi a inauguración da autovía fixo declaracións políticas cando pedía actuar alí no medio do presidente da Xunta e dos demáis>.
Ao edil nacionalista parécelle <bastante problemático que nos amenace con que pode cancelar a comisión cando él non mollou os pés para visitar aos veciños afectados. Nós defendemos os traballos de dita comisión de seguimento e o traballo do concelleiro de Obras e o único que dixemos é que se está a incumplir gravemente un dos acordos adoptados inicialmente por esa comisión que era que o alcalde se ía dirixir ás asociacións para que estas contactaran con nós e nos informaran das deficiencias que están a observar. Tamén nos parece grave que diga que van tres semanas de traballo cando ainda se podía traballar moito máis>.
Xesús Díaz engade que <sabemos polo propio concelleiro de Obras que estivo a falar coas empresas que traballan na autovía e que en pouco tempo van marchar e si as obras non se axilizan agora chegará un momento no que elas marchen e os traballos queden sen realizar. Por eso lle queremos decir ao alcalde que non se poña con amenazas e que se poña a traballar coma os demáis>.