Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Barreiros critica que o goberno non considerara as propostas de obras da oposición

NOTA DE PRENSA

O BNG DE BARREIROS CRITICA QUE O EQUIPO DE GOBERNO NON LLE DERA O VISTO BÓ ÁS OBRAS PLANTEXADAS POLA OPOSICIÓN PARA INCLUIR NO FONDO ESTATAL DE INVERSIÓNS.

Barreiros, 26 de decembro de 2008. O BNG de Barreiros critica que o equipo de goberno non lle dera o visto bó ás obras plantexadas pola oposición para incluir no fondo estatal de inversións. Ditos proxectos foron rexeitados no pleno extraordinario celebrado no Concello a petición dos partidos da posición o pasado 24 de decembro. Os nacionalistas agardaban que “enriba de mesa se puxeran todas as propostas e se trataran de priorizar aquelas que o pleno decidirá que foran máis interesantes para Barreiros. Non foi así porque a parte das propostas plantexadas polo BNG e polos outros grupos da oposición, non houbo máis nada”. Antonio Veiga di que “nos chama moito a atención que por parte do equipo de goberno e da alcaldía se negaran rotundamente a decir as obras que eles tiñan previsto acometer con estes 574.000 euros que recibirá o Concello… cales eran as obras e con quen as consensuaron porque para nós é moi importante que foran faladas e negociadas cos veciños porque sí sabemos que son moitas as demandas que hai en cada parroquia”.

Segundo o voceiro nacionalista, “o BNG espuxo alí as súas propostas que ían desde o equipamento da nova Casa da Cultura e os equipamentos nas parroquias onde están en proceso de elaboración proxectos para adecuar os seus locais sociais; proxectos de recuperación ambiental coma o do río Masma; recuperación de patrimonio coma algunha fonte dalgunha parroquia; adecuar os accesos a determinados barrios porque ainda a estas alturas seguen en moi mal estado; completar a rede de alumeado tamén nas parroquias…”. O BNG lamenta que “por parte do grupo de goberno non se fixera esa valoración nin se puxeran sobre a mesa cales son as súas prioridades. Esto vénnos a dar a razón cando diciamos días atrás que probablemente ocurrirá con estes fondos o mesmo que aconteceu cos 2 millóns de euros recaudados nos anos 2006 e 2007 por licencias e que se gastaron ao libre albedrío do equipo de goberno sin que eses cartos supuxeran unha mellora nas condicións de vida dos barreirenses”.

Veiga Outeiro engade que “volvemos marcha atrás, voltamos a tropezar na cabezonería por parte do Concello e o que nos queda é esperar a ver cal é a súa fonte de iluminación para ver en que van gastar eses cartos sin telo falado nin concretado con ninguén”.

Exit mobile version