Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG asegura que Barreiros non pode perder o investimento de 5 millóns de euros para de 156 vivendas

Nota de Prernsa

O BNG DI QUE BARREIROS NON PODE PERDER A OPORTUNIDADE DE INVESTIR DE 5 MILLÓNS DE EUROS NA CONSTRUCCIÓN DE 156 VIVENDAS A TRAVÉS DO PLAN SECTORIAL DE SOLO RESIDENCIAL. OS NACIONALISTAS CRITICAN A ACTITUDE DO ALCALDE.

Barreiros, 30 de decembro de 2008. O voceiro do BNG en Barreiros, Antonio Veiga considera que o plan sectorial de vivenda para este concello é bastante interesante xa que suporá a construcción de 156 vivendas, 128 protexidas e 28 libres “completando unha maia urbana en 46.000 metros cadrados e cunha inversión de 5 millóns de euros. Nós xa o dixemos en máis dunha ocasión, Barreiros non pode deixar pasar este tren, outra cousa son as lóxicas alegacións que poidan presentar os veciños e os propietarios afectados. Nesa fase de interlocución  que mantivemos desde o BNG cos veciños eles deixaron claro que ían presentar alegacións para que non se viran afectadas unhas hortas e unhas casas de certo interés como son as de indianos de principios de século. Entón a proposta que facían era modificar un pouco a traza de onde ían ubicarse eses 46.000 metros”.

Segundo os nacionalistas barreirenses “no pleno do Concello celebrado onte a alcaldía fixo unha proposta con dous acordos, un asumible e outro que non era asumible. No 1º punto propoñía que se fixera unha nova delimitación do plan sectorial eliminando a franxa de solo urbano afectado e que non afectase ás hortas das vivendas habitadas hoxe en día ou senón que se buscase unha nova ubicación. E no 2º punto pretendían que a Consellería de Vivenda adquirise esas vivendas baleiras rematadas ou non que hai no noso concello… Desde logo que para o BNG nin para ningún outro grupo este segundo punto era asumible”. Antonio Veiga engade que “chegamos ao acordó unánime para solicitar eses cambios na delimitación do terreo no que se levará adiante ese plan sectorial de solo residencial”.

¿A qué xoga o alcalde?

Veiga Outeiro considera que “o que non se pode permitir Barreiros é que estes 5 millóns de euros se vaian para outro concello. Dubidamos moito da actitude seria do alcalde, non só polo que aconteceu no pleno, senón polo ocorrido días antes. É curioso que a proposta de ubicación dese plan sectorial fíxoa Alfonso Fuente Parga hai uns meses e agora cambia de opinión e xa non lle serve. Non sabemos moi ben a que xoga o alcalde, entendemos que por un lado xoga a confundir aos veciños, xoga a enfrontarse coa Consellería de Vivenda e mentras tanto está xogando coa posibilidade de que Barreiros poida perder unha inversión de 5 millóns de euros para facer 156 vivendas perfectamente ordeanadas, con todos os servizos e con todas as comodidades. Dubidamos moito que esa proposta que facía Alfonso Fuente Parga de adquirir vivendas aos promotores, dubidamos moito que reunirán as mesmas condicións de habitabilidade e benestar que terán estas feitas con este plan”.

O voceiro do BNG en Barreiros recrimínalle ao alcalde “esa actitude tibia e morna de andar de un lado para o outro tentando contentar a todos. Cando che poñen diante unha oportunidade de facer unha inversión de 5 millóns de euros no concello, o primeiro que hai que dicir é que sí, e hai que xogar serio, xogar forte e xogar a unha soa carta porque o demáis é facer trampa”.

Exit mobile version