NOTA DE PRENSA:
Os máximos mandatarios da formación política en Galicia e na provincia de Lugo terán a oportunidade de compartir mesa e mantel cos afiliados e simpatizantes do PP local
NUÑEZ FEIJÓO E BARREIRO ASISTIRÁN AO XANTAR DE NADAL DO PP DE CERVO O DÍA 21
* A cita terá lugar o domingo 21 de decembro ás 14.30 horas no restaurante O Val do Naseiro.
* O PP local habilitará un servizo de transporte por autocar que poden empregar os comensais que adquiriron a súa tarxeta-invitación.
Cervo, 17 de decembro de 2008.- O presidente do Partido Popular en Galicia, Alberto Núñez Feijóo e o Presidente provincial desta formación política, Jose Manuel Barreiro, asistirán o vindeiro domingo día 21 ao xantar de Nadal organizado polo grupo local. O candidato do PP nas próximas eleccións autonómicas compartirá mesa e mantel cos afiliados e simpatizantes do municipio.
A cita está fixada para o vindeiro domingo a partir das dúas e media (14.30 horas) no Hotel-Restaurante O Val de Naseiro. O PP local pechará o vindeiro venres o prazo de reserva de invitacións e disporá dun servizo de transporte por autocar que pode ser empregado polos futuros comensais. Os interesados poden confirmar a súa asistencia chamando aos números de teléfono 600 60 29 11 e 686 64 11 58, ou ben na sé na localidade da formación, no edificio CEMAR, o xoves de 20 a 21 horas.
A dirección do Partido Popular en Cervo manifestou o seu desexo de que os afiliados do municipio e o resto de simpatizantes acudan ao xantar, de forma que tamén terán a oportunidade de coñecer as propostas de Alberto Núñez Feijóo de cara ás próximas eleccións autonómicas, en 2009. A dirección, ademais, trasladaralle aos presidentes da formación en Galicia e na provincia de Lugo o traballo que está a desenvolver nesta localidade.