Site icon Crónica3.com A Mariña

Martes de Entroido festivo local en A Mariña salvo en Foz, Lourenzá e Mondoñedo

A MARIÑA .- Trece dos dezaseis concellos que forman A Mariña lucense elixiron o martes de Entroido como festivo local. As excepcións son Foz, Lourenzá e Mondoñedo que celebra o Entroido fora desa data. Ningún concello fixou datas para festivos locais nos meses de xaneiro, novembro e decembro según o calendario de festas laborais de carácter local para o ano 2009 que publicou a Consellería de Traballo.
Festivos locales por concellos:
Alfoz: 24 de febreiro, Martes de Entroido; 20 de marzo, Ponte de San Xosé.
Barreiros: 24 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de agosto, San Bartolo
Burela: 24 de febreiro, Martes de Entroido; 8 de xuño, Nosa Señora do Carme e San Xoán Bautista.
Cervo: 24 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de xullo, Nosa Señora do Carme.
Foz: 16 de xullo, Festividade do Carme; 10 de agosto, San Lourenzo.
Lourenzá: 31 de agosto, Luns do Conde Santo; 5 de outubro, Festa da Faba.
Mondoñedo: 14 de setembro, Festividade dos Remedios; 19 de outubro, San Lucas.
Ourol: 24 de febreiro, Martes de Entroido; 13 de maio, Nosa Señora de Fátima.
Pontenova, A: 24 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xullo, Día da Xuventude.
Ribadeo: 24 de febreiro, Martes de Entroido; 8 de setembro, Santa Mª do Campo.
Riotorto: 24 de febreiro, Martes de Entroido; 29 de xuño, San Pedro.
Trabada: 24 de febreiro, Martes de Entroido; 25 de abril, San Marcos.
Valadouro, O: 24 de febreiro, Martes de Entroido; 9 de setembro, Santa María.
Vicedo, O: 24 de febreiro, Martes de Entroido; 3 de agosto, Santo Estevo.
Viveiro: 24 de febreiro, Martes de Entroido; 17 de agosto, San Roque.
Xove: 24 de febreiro, Martes de Entroido; 31 de agosto, festas patronais.

Exit mobile version