Site icon Crónica3.com A Mariña

Hoxe inaugurase o mercado do Nadal de Ribadeo

RIBADEO .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, convida a ribadenses, mariñáns e asturianos a visitar o Mercado do Nadal abría as súas portas no Parque de San Francisco esta mañá. O rexedor sinalou que “principiamos asía o Nadal para non coincidir con outras citas que se poidan celebrar na zona… queríamos aproveitar non ter competencia con outras actividades e aproveitar tamén as numerosas visitas que recibiremos nesta longa ponte en Ribadeo de xente procedente de Madrid, do País Vasco…”.

Suárez Barcia dixo que “son máis de 30 os expositores que asisten a esta cita que recuperamos hai seis anos, e así poderemos ver artesanía, coiro, pedra e tamén gastronomía, entre outras cousas. Hai tamén actividades complementarias para facer aínda máis atractiva esta cita: conta-contos, actuacións musicais… Quero convidar a todos os veciños do concello a que se acheguen ver este Mercado do Nadal, pero tamén aos do resto da Mariña e aos do Occidente Asturiano para que aproveiten para visitar a nosa vila e que gocen dos alicientes que aquí temos”.

Exit mobile version