BURELA .- O Colectivo Cultural Buril e a plataforma Seioque organizan no pub Tiramillas, sito na rúa Marqués de Sargadelos de Burela, “unha festa pola hora galega” para a noite de fin de ano baixo a denominación “As uvas à nossa hora”. Durante a celebración emitirase en vídeo unha gala de fin de ano desde a igrexa da Vila do Medio de Burela, onde se tocaran as badaladas que marcan o paso de ano.
Nota de Prensa
O C.C. Buril e a plataforma Seioque organizan para o próximo Fin de Ano unha festa pola hora galega, baixo o título “As uvas à nossa hora”, que se celebrará no pub Tiramillas de Burela às 00:00 horas (1:00 hora española). Na festa emitirase en vídeo unha gala de fin de ano desde a igrexa da Vila do Medio de Burela, onde serán tocadas as badaladas que marcan o paso de ano. Posteriormente à retransmisión desta gala, DJ Chente pinchará boa música galega e festeira de todo tipo, até que os corpos aguanten.
Desde o Buril, convidamos a tod@s @s burelás/aos a comer as uvas connosco pola hora galega e a disfrutar coa boa música nun fin de ano distinto.
Aproveitamos para desexar un feliz ano 2009 a toda a vila de Burela!