Site icon Crónica3.com A Mariña

Fernando Blanco aposta en Foz por “máis BNG coma sinónimo de máis cambio lle pese a quen lle pese”

NOTA DE PRENSA

O CONSELLEIRO DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA APOSTOU EN FOZ POR MÁIS BNG COMA SINÓNIMO DE MÁIS CAMBIO LLE PESE A QUEN LLE PESE.

A Mariña, 29 de decembro de 2008. O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco dixo en Foz que o cambio en Galiza ten un nome que é o do BNG e destacou as políticas levadas adiante nestes últimos anos desde as consellerías nacionalistas. Blanco puxo como exemplos a adopción de medidas coma “o banco de terras, no ámbito agrario; o sistema galego de benestar onde os servizos sociais pasan a convertirse nun servizo público máis coma a educación e a sanidade e a vivenda que xa non é un luxo senón un dereito”.

O conselleiro tamén aludiu ao concurso eólico sinalando que “a Xunta é a principal beneficiaria na cantidade de megawatios adxudicados por enriba de calquera grupo”. Fernando Blanco abogou por  “un BNG máis forte nas institucións para que sexa aínda máis decisivo en Galiza. Máis forte entendido coma sinónimo de máis cambio lle pese a quen lle pese”.

Fernando Blanco participou nun acto desenvolvido na Casa da Cultura de Foz no que se analizou a crise económica e as medidas que plantexa o BNG para poder afrontala e saír dela.

Exit mobile version