Site icon Crónica3.com A Mariña

Familiares dos náufragos do Rosamar queren que a homenaxe sexa en xaneiro

BURELA .- Os familiares dos mariñeiros falecidos e desaparecidos no naufraxio do barco pesqueiro Rosamar e as autoridades portuguesas propoñen que a homenaxe que lles quere render o pobo de Burela se pospoña ata o vindeiro mes de xaneiro. Aínda que a data inicial que se barallaba era a de hoxe, a que agora está na mente de todos é a do 10 de xaneiro.

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, explica que “a petición das familias e das autoridades do país do que eran orixinarios estes mariñeiros decidimos deixar para máis adiante esta homenaxe, na que teremos unha misa na igrexa da nosa vila e despois un acto civil no porto. Alí lanzaremos unha flores ó mar desde unha embarcación de Salvamento Marítimo ou da Cruz Vermella”. O rexedor engade que “dixéronnos que preferían deixar pasar estas datas para despois desprazáranse ata Burela, e nós temos que contar coa opinión desas familias e ademais así danos tempo de organizar todo mellor”.

Alfredo Llano agarda que a esa homenaxe asista a conselleira de Pesca, Carmen Gallego.

Exit mobile version