Site icon Crónica3.com A Mariña

Fallados os premios de postais, narrativa e poesía do Concello de Cervo

CERVO .- A delegación de Asuntos Sociais e a delegación de Cultura do  Concello de Cervo entregará o próximo martes os premios aos gañadores  dos concursos de postais do Nadal, poesía infantil; e do certame de narración contra a violencia de xénero “Carta a un Maltratador”.  Será no transcurso do Festival infantil de Nadal que terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura a partires das oito da tarde.

Nota de Prensa

ELIXIDOS OS GAÑADORES DOS CERTAMES DE POSTAIS, POESÍA E RELATO DO CONCELLO DE CERVO
Cervo, 11 de decembro de 2008.- O Concello de Cervo -a través das súas delegacións de Cultura e de Asuntos Sociais- fixo público o nome dos gañadores dos concursos de postais do Nadal, poesía infantil; e do certame de narración contra a violencia de xénero “Carta a un Maltratador”.
Os gañadores son os seguintes:

VI Concurso de Postais do Nadal

Nome e Apelidos Colexio Idade
Zaira Ben Vior CEIP Galdín 5 anos
Andrea López Méndez CEIP Rivera Casás 7 anos
Anxo Oroza Fernández CEIP Cervo 9 anos
Carlota Insua Garcia C. Martínez Otero (Foz) 11 anos

Concurso Poesía Infantil do Nadal

Nome e Apelidos Idade
Ángela Pardo Fernández 7 anos
Jeanette Candal Luque 9 anos

Concurso “Carta a un Maltratador”

Nome e Apelidos Idade
Itziar Ibisate López 18 anos

A entrega de premios aos gañadores terá lugar o vindeiro martes, 23 de decembro, no transcurso do Festival infantil de Nadal que terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura a partires das oito da tarde (20.00 h.).

Exit mobile version