Site icon Crónica3.com A Mariña

Está “imensamente satisfeito” o PP de Cervo cos nacionalistas, aseguran

Nota de Prensa

OS POPULARES ASEGURAN QUE O BNG NON TIVO MÁIS REMEDIO QUE RECTIFICAR A SÚA POSTURA DE BOICOT CONTRA O FUNCIONAMENTO DO P.A.I.

•    No PP local amosan a súa inmensa satisfacción pola rectificación nacionalista e valoran a achega de máis de 54 mil euros para este servizo dirixido a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

Cervo, 02 de decembro de 2008.- Os populares cervenses sinalaron hoxe que o BNG “non tivo máis remedio que rectificar” e pregarse a apoiar economicamente o Punto de Atención Infantil (PAI) que está a dar servizo a 22 nenos de Cervo con idades inferiores aos tres anos. Desde o PP rexeitaron as críticas dos nacionalistas nas que acusaban aos edís do Goberno municipal de estar molestos por recibir unha axuda dunha administración xestionadas por nacionalistas, e subliñaron a importancia de contar cunha subvención de 54.282 euros da delegación provincial de Benestar Social para a continuidade deste servizo de gardería municipal. Pero este dato positivo non ten porque ser incompatible segundo os populares, coa critica ao proceder do BNG en todo o que ten que ver có PAI, entre outras cousas porque nun primeiro momento o que pretenderon facer foi boicotealo.
SATISFEITOS POLA RECTIFICACIÓN NACIONALISTA
Para os populares, esta axuda procedente dunha das áreas do BNG da Deputación “bota por terra” a mensaxe dos seus correlixionarios da Vicepresidencia, e ven a supoñer unha rectificación á denegación de axudas por parte da Xunta para o financiamento deste servizo. Neste mesmo senso amosáronse satisfeitos “porque, polo menos, parece que o Bloque na Deputación está comezando a corrixir as decisións do Bloque na Xunta que intentaba afogar un servizo coma o PAI, e substituílo por unha Galescola, onde priman outros intereses non precisamente compartidos por todos”.
COMPROMISO DO GOBERNO MUNICIPAL FRONTE AO BOICOT
Esta dicotomía entre ámbalas dúas administracións gobernadas polo BNG é para os populares “a mostra palpable” da arbitrariedade dos responsables nacionalistas. A primeira decisión do BNG, co señor Estua á fronte, foi tratar de darlle unha patada ao Goberno municipal no cu de todos os veciños. O seu obxectivo era que non tiveramos outro remedio que pechar o PAI pero non o conseguiron porque o Goberno municipal de Cervo sempre apostou por manter este servizo pensado para facer máis doada a conciliación da vida familiar e laboral e servir de primeira aproximación dos nenos e nenas ao mundo da educación.

INCOMPRENSIÓN VECIÑAL FRENTE AO BOICOT DO BNG

Segundo o PP os nacionalistas en Cervo sempre están a actuar en termos partidistas e non se da de conta de que as súas accións teñen consecuencias para todos os veciños, tanto para os que o colocaron na oposición, coma para os que decidiron que sexamos nos os que esteamos á fronte do Concello, subliñaron desde o PP. Por outra banda atribúen esta rectificación do BNG a incomprensión que xeraba nos veciños de Cervo a posición dos nacionalistas que boicoteaban a gardería municipal sen ningún tipo de fundamento.

PARQUES
Por outra banda o grupo popular local quixo puntualizar as criticas pola contía solicitada para as melloras dos parques municipais desde o Goberno cervense. Nese senso lembraron que en Cervo, como en calquera outra Concello fan unha programación de necesidades dentro das súas posibilidades económicas. En base a isto solicitan as subvencións que estimaron oportunas. De feito desde o PP explican que un proceder distinto podería implicar a obriga de asumir, con custe para as arcas municipais, obras en máis do 70% do seu valor total, isto é que desde a Deputación tan só subvencionaran o 10% da obra, algo a todas luces inasumible. Os populares subliñan que desde o Concello de Cervo se está a traballar para facer unha mellora global dos parques infantís coa axuda doutras administracións “ademais da propia Deputación” e lembran que ao longo desta lexislatura se levaron a cabo diversas melloras parques infantís, tal e como se ten previsto facer nun futuro próximo “fundamentalmente para garantir a súa seguridade e proporcionar diversión e entretenemento aos rapaces e rapazas que fan uso deles”.

Exit mobile version