Site icon Crónica3.com A Mariña

En Cervo o PSOE non asistiu á comisión e o BNG propón obras de saneamento para o Fondo Estatal

NOTA DE PRENSA:

A COMISIÓN DE ASUNTOS DO PLENO APROBOU HOXE LEVAR A PLENO A PROPOSTA DO BNG PARA USO DOS FONDOS ESTATAIS DE INVESTIMENTOS PARA CONCELLOS.

O PSOE que solicitara pleno extraordinario para tratar este tema nin se presentou á comisión nin presentou ningunha proposta de actuación.

O BNG defenderá o uso destes fondos para sentar as bases da extensión do saneamento e depuración de augas residuais a todo o termo municipal.

Cervo, 22 de decembro de 2008. A Comisión de Asuntos do Pleno do concello de cervo reuniuse hoxe para tratar os asuntos do pleno extraordinario solicitado polo PSOE a fin de valorar as propostas dos diferentes grupos, no que se refire a actuacións con cargo ao Fondo Estatal de Investimentos Municipais, dotado no caso de Cervo con 845.000 euros.

O PSOE NIN SE PRESENTOU Á COMISIÓN NIN PUXO SOBRE A MESA NINGUNHA PROPOSTA DE ACTUACIÓN.

O BNG fixo constar en acta a falla de responsabilidade do grupo socialista que nin enviou a ningún representante a dita comisión nin presentou ningunha proposta de actuación, cando fora este grupo quen solicitara á alcaldía a convocatoria dun pleno extraordinario para tratar este tema, motivo polo que hoxe estaba convocada a mesa de portavoces á que non asistiron, nin presentaron escusas, polo que ao non presentarse ningunha proposta do grupo asinante da iniciativa, nin tampouco do PP no goberno municipal, o pleno tratará unicamente a proposta posta sobre a mesa polo BNG.

O grupo municipal do BNG cualificou a non asistencia dos socialistas, de falla de respecto aos veciños e veciñas do concello e á propia comisión plenaria, ao tratarse do grupo que forzou a convocatoria, que diante do visto, só se limitou a presentar a solicitude de pleno extraordinario sen mais consecuencias que un anuncio cara á galería sen proposta de resolución de ningún tipo. O PP no goberno municipal tampouco puxo sobre a mesa ningunha proposta de actuación polo que a única que constaba na mesa da comisión e a Bloque Nacionalista Galego que irá a pleno.

O BNG DEFENDE O USO DO FONDO ESTATAL PARA SANEAMENTO E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS EN TODO O TERRITORIO MUNICIPAL.

Os nacionalistas defenderán o uso dos 845.000 euros do Fondo Estatal para executar obras que permitan a medio prazo a extensión da rede de saneamento e depuración de augas residuais a todo o termo municipal. Neste sentido establecen como prioridade a execución de dúas grandes redes de evacuación dende as zonas altas do concello, na parroquia de Rúa e en Trasbar, e a súa conexión coa rede xeral ate Cuíña onde se instalará a futura depuradora. A pesar de establecer esta proposta como prioridade, o BNG agarda chegar a consensos cos outros grupos para que a proposta final sexa defendida por todos. Neste sentido, dende o BNG, convocouse para hoxe ás 20.00 hrs. a representantes das asociacións de veciños a unha xuntanza para falar deste tema no local do Centro de Interpretación de Terras Azul Cobalto, antigo concello de Cervo.

Exit mobile version