Site icon Crónica3.com A Mariña

En Cervo consultan cos pedáneos que obras facer cos cartos do Fondo Estatal

CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares,  e membros do goberno municipal están a manter contactos cos pedáneos das distintas parroquias e núcleos de poboación co obxecto de perfilar as obras a desenvolver con cargo ao Fondo Estatal de Investimentos Locais. Según anuncian “Cervo recibirá 845.296 euros para o financiamento de obras e investimentos que xeren emprego en todo o territorio”

Nota de Prensa

Cervo recibirá 845.296 euros para o financiamento de obras e investimentos que xeren emprego en todo o territorio

O CONCELLO MANTÉN CONTACTOS PARA PERFILAR AS OBRAS DO FONDO DE INVESTIMENTO LOCAL

* Non descarta ampliar estas xuntanzas con algún dos colectivos veciñais e con cos grupos municipais da oposición

Cervo, 11 de decembro de 2008.- Membros do Goberno municipal encabezados polo primeiro edil, Alfonso Villares Bermúdez, están a manter contactos cos pedáneos das distintas parroquias e núcleos de poboación co obxecto de perfilar as obras a desenvolver con cargo ao Fondo Estatal de Investimentos Locais.

“A nosa intención e estudar polo miúdo cales son as necesidades máis prioritarias e destinar estes fondos a actuacións de carácter estrutural que non poidan ser financiadas a través doutro tipo de axudas”- clarexou Alfonso Villares. Nesa liña afirma “buscaremos todo o consenso posible”

Cervo disporá de 845.296 euros para ser destinados ao financiamento de diversas actuacións de obra pública. A data límite para solicitar os fondos estatais é o 24 de xaneiro, mentres que as certificacións de obra deben xustificarse antes do 2010. O 70% dos fondos daranse por adiantado e  destinaranse a obras novas non incluídas nos orzamentos municipais. Para o desenvolvemento das mesmas será preciso que as empresas contraten traballadores desempregados.

O Goberno municipal acelera as xestións para realizar a súa proposta de actuacións sudvencionables e non descarta ampliar as xuntanzas aos colectivos veciñais e aos grupos da oposición.

Exit mobile version