BARRES .- O equipo de El Franco na categoría benxamín e a Sociedade Deportiva Ribadeo na categoría pre benxamín foron os vencedores do torneo “Río Eo” que se disputou en Barres, no concello de Castropol. Esta foi a primeira fase local da Compostela Cup do Camiño 2009 que organizou a Sociedade Deportiva Ribadeo o Barres Fútbol Club e a Compostela CUP.
Nota de Prensa
EEMM El Franco en Benxamín e SD Ribadeo en prebenxamín son os vencedores do torneo RIO EO en Barres
A EEMM El Franco na categoría benxamín e a SD Ribadeo na prebenxamín son os vencedores da primeira Fase Local da Compostela Cup do Camiño 2009 –organizada pola SD RIBADEO- BARRES FC e Compostelac CUP- que se disputou no en BARRES, Concello de Castropol.
O municipio asturiano acolleu ao longo de toda a mañá os partidos de fútbol –presenciados por máis de 800 persoas- de ambas categorías e tamén o encontro de exhibición dos MINIPREBENXAMIN, que gañou a EEMM El Franco.
A entrega de premios contou coa presencia do Sr Alcalde de Castropol, José Angel Pérez; o Presidente do Barres CF, Francisco Fernández e o Presidente da SD Ribadeo, Ramón Rodríguez.
Na categoría benxamín, as escolas de El Franco e a SD Ribadeo foron as que máis destacaron nos seus primeiros encontros. No último partido entre a escola de El Franco e o Barres CF, houbo ocasións de gol para ambos equipos e un balón ao poste de cada un deles. Pero foi El Franco o que venceu na quenda de penaltis por tres a cero e quedou como campión desta Fase Local de fútbol de Castropol, segundo foi Barres, terceira a SD Ribadeo e Puerto de Vega..
A SD Ribadeo foi a vecedora na categoría prebenxamín, tras ser superior en todos os partidos e vencelos con ampla vantaxe no marcador. Nesta categoría foi segunda a EEMM El Franco, terceiro Puerto de Vega e cuarto Barres CF
A Fase Local de fútbol de Castropol pechouse co encontro de exhibición correspondente á categoría mini prebenxamín entre a SD Ribadeo e EEMM El Franco. Ambos conxuntos disputaron un partido con numerosas ocasións de gol para ambas partes, que finalizou co triunfo da escola de El Franco por cinco a dous, merced tamén á gran intervención do porteiro do equipo gañador.