Nota de Prensa
O GMPP fará unha proposta de obras para aproveitar as aportacións do Estado.
Os populares apostan por un plan de rexeneración de asfaltado e renovación de báculos de alumeado entre outras actuacións.
Dubidan de que as medidas poidan materializarse.
O GMPP de Burela analizará polo miudo o plano de axudas a concellos posto en marcha polo Goberno e destinado a paliar os efectos da crise, e logo fará unha proposta de obras a realizar no termo municipal de Burela, para aproveitar as axudas anticrise fixadas polo Goberno do Estado, ainda que dubidamos de que realmente poidan chegar a materializarse, tendo en conta que os prazos son axustados. Ademais, as medidas teñen un forte contido político, porque así téntase silenciar a voz dos concellos que demandaban máis financiación.
Os populares confían en que o alcalde burelés axilice ó máximo posible a elaboración dos proxectos porque os prazos son mui axustados. Para os populares, poderíase incluir un plano de rexeneración de asfaltados de rúas, sobre de todo daquelas que se fixeron hai oito ou dez anos; tamén se pode incluir un plano de renovación de báculos de alumiado, como substituir todo Arcadio Pardiñas, prolongar a colocación de alumiado ornamental en Pascual Veiga, e implántalo noutras rúas que o poderían demandar. A reposición de todo o mobiliario urbano, de parques infantís, a colocación de puntos de contenerización soterrada e outras actuacións medioambientais, coma o adecentamento da antiga praia de Castrelo, poden ter cabida nestas actuacións. Sen esquecer a millora das instalacións deportivas do campo de fútbol da Marosa, ou as dos propios pavillóns de deportes, procurando poner só axeitado no dos Castros e no dos Institutos.
O GMPP confía en que esta liña de axudas serva para despertar dunha vez por todas ó máis que adormecido e perezoso bigoberno burelés, e que se poñan a traballar de contado, porque de non ser así estas axudas poden perderse, sempre e cando cheguen a materializarse realmente, e o responsable sería o alcalde.