NOTA DE PRENSA
O GMPP afirma que un acordo da Xunta de Goberno demostra que o alcalde minteu sobre o aumento do recibo da auga.
Os populares aseguran que non se subeu durante 2008 porque tiñan que cadrar as contas da empresa.
O alcalde dixera que non se subía porque o servicio era malo.
O GMPP afirmou hoxe nunha nota de prensa que o alcalde minteu hai un ano sobre o recibo da auga, cando dixo que non se subía porque o servicio era malo, e minteu hai un mes, porque dixo o mesmo, cuestión que está nas antípodas da realidade.
A realidade é ben distinta, tal e como se comproba na Xunta de Goberno de vintecatro de Novembro. Nesa sesión, vese un escrito da empresa Espina y Delfín reclamando ó Concello o incremento do Indice de Prezos ó Consumo, sobre os recibos emitidos no que vai de ano 2008. O acordo da Xunta de Goberno di textualmente que se denega o incremento do Indice de Precios ó Consumo “en base a que nin no contrato nin no prego de cláusulas está reflexado este índice como revisión de precios, aplicando a revisión únicamente no caso de rotura do equilibrio financiero, caso que non é o que nos ocupa”.
Desto despréndese que en 2008, tal e como dixo o PP no seu día, en Novembro de 2007, non se subíu a auga porque de facelo a empresa estaría cobrando máis do estipulado nos custos de explotación elaborados cando se lle adxudicou o servicio. E no caso do ano que vén, mantense o prezo á espera de saber a que empresa se lle adxudica, adxudicación que por certo xa tiña que estar feita hai seis meses, o que demostra a enorme incapacidade de este alcalde para sacar as cousas adiante.
Polo tanto, é mentira o que no seu día dixo o alcalde, que a auga non se subía porque o servicio era malo. O peor é que durante este ano e medio de bigoberno o servicio da auga segue a ser o que era, e o alcalde non fai nada para milloralo, porque sencillamente el non pintou nada nas obras que se están a facer para Cervo e Burela, que xa deixou programadas o PP. O alcalde no seu momento, hai un ano, fixo un exercicio de demagoxia, como decindo que non se subía a auga porque el non quería. E minteu.
Polo eso, o alcalde debería pedir disculpas públicamente, e recoñecer que se lle foi a língua, como lle acontece bastantes veces, e que minteu, pero minteu sabendo que mentia, o que é doble mentira, enganando ós cidadáns, que se merecen infinitamente máis respecto do que reciben por parte desta persoa que nos tocou como alcalde.
O PP denuncia a manipulación da posta em marcha do novo TAC no Hospital de Burela.
Os populares tamén denuncian que ainda non comenzaron as obras de xinecoloxía.
Pídenlle á Xerencia do Hospital que non oculte información.
O PP de Burela denunciou hoxe a manipulación da posta en marcha do novo TAC do Hospital de Burela, porque hai meses que o PP dixo que se tiñan que facer obras para colocar o novo aparato e desde a dirección do Hospital negouse; agora resulta que efectivamente hai que facer obras. Ademais, hai que denunciar que se están facendo desplazamentos a Lugo para facer TACS, os urxentes ó Xeral de Lugo e os outros a centros privados, desde hai quince dias, o que demostra o cinismo da direcci´n do Hospital, que puído ter avisado publicamente do que ia pasar, e non o fixo hasta onte, co que o que fixo foi ocultar a información á que teñen dereito todos os cidadáns.
Os cidadáns podemos entender que se teñan que facer obras, podemos hasta chegar a entender que se nos desprace a Lugo para facer as probas do TAC durante unhas semanas, pero o que non entendemos nin aceptamos é que non se nos dea a debida información e se advirta publicamente do que vai suceder antes de que suceda. A eso chámaselle engano masivo.
Por outra parte, o PP de Burela asegura que as obras de remodelación do departamento de xinecoloxía ainda non comenzaron, co que cabe concluir que durante o presente ano 2008 non se investiu nin un só euro novo no Hospital.
O PP de Burela solicítalle ó SERGAS e á Dirección do Hospital que teña un mínimo de seriedade á hora de falar de sanidade pública na Mariña, cando resulta que o Hospital de Burela é un dos hospitais que supera a media galega nas listas de espera, o que demostra a nefasta xestión que se está a facer.