Nota de Prensa
O PP lamenta que o alcalde careza da máis mínima dignidade política.
Os populares afirman que as subvencións a asociacións da Deputación ainda non están nin tan siquera valoradas.
Consideran que os cidadáns merecen máis respecto.
O GMPP lamentou hoxe a través dunha nota de prensa que o alcalde careza da máis mínima dignidade política, algo que para o PP é totalmente despreciable, tendo en conta como deforma a información chegando a mentir, ou como desprecia ós veciños.
Segundo os populares, ó alcalde véuselle o plumero días atrais cando dixo, sen dar cifras, que a Deputación aprobara subvencións solicitadas pola Asociación de Veciños. Eso é mentira, porque nin tan siquera se reuniu a mesa de valoración. Por outra banda, remite cartas impersonales ós vecinos afectados polo Plan Sectorial de Foxo e pón números nos sobres en vez de poñer o nome e a dirección dos propietarios, nun acto de desprecio hacia os veciños e veciñas deste concello que non merece como alcalde a unha persoa con tan pouca calidade humana, cando no concello constan os nomes e dirección de todos os propietarios.
Nos dous casos, queda clara a pouca capacidade de xestión desta persoa, pero tamén a enorme capacidade de engañar e retorcer as cousas. Por eso este home non é de fiar, e o seu buenismo xa non cola.
Os populares lémbranlle ó alcalde que é malo mentir: a Deputación aprobou as subvencions a concellos para pequenos equipamentos, e as que se conceden a concellos para servicios sociais. Pero en ningún caso se iniciou o procedemento de aprobación das que se conceden a asociacións, ben sexan para obras, ben sexan para actividades culturais, xa que nin tan siquera están valoradas. Desde o PP non decimos que non se vaian conceder, pero de momento eso pertenece ó futuro, e polo tanto resulta descoñecido.
Ademais, se o alcalde tivese peso político dentro do seu partido, e pintase algo realmente, xa tería protestado porque os concellos de máis de cinco mil habitantes quedan excluidos dos programas de pequeñas actuacións en materia de infraestructuras, o que é totalmente inxusto, porque non hai ningún plan para eles elaborado pola Deputación. Se a colaboración que vai ter a Deputación con Burela vai pasar só polas axudas a asociacións, mal vamos, e pode que así sexa porque de momento xa lle dixeron ó alcalde que non dixese nin pío polo subparque de bombeiros. Eso sí, a comida coa que se agasallou a Besteiro cando veu a Burela custou máis de seiscentos euros, e dubidamos que o rendemento sexa o óptimo, porque no ano e medio que leva Besteiro na Deputación a colaboración da mesma con Burela non chega nin a esa cantidade.
Polo tanto, pedímoslle ó alcalde máis respecto hacia os cidadáns, porque non se poden decir mentiras na prensa, algo ó que xa nos tén acostumados, por desgracia, e tampouco el se pode esquecer de que ainda que lle pese é o alcalde, e os veciños teñen dereito a ser tratados con respecto e a ter información veraz e non a que este home se pode inventar.