Site icon Crónica3.com A Mariña

Críticas do PP de Burela polo tratamento do plano de Foxo

NOTA DE PRENSA:

O GMPP considera intolerante e sectario ó alcalde por tratar fóra de plazo o plano de Foxo.

Os populares aseguran que o pleno extraordinario sobre Foxo servirá para destapar as vergoñas do alcalde e de Nieves Cando.

Afirman que esta forma de actuar é un desprecio ós veciños de Burela.

O GMPP considera que a celebración do pleno extraordinario solicitado polos populares sobre Foxo, fóra xa do prazo habilitado para a presentación de alegacións, demostra a intolerancia e o sectarismo do alcalde, incapaz de tratar en plazo as alegacións que presenta o PP, incapaz de defender os intereses dos vecinos afectados que están en contra do plano, que son a mayoría, e incapaz de ter un criterio propio sobre un asunto de grande transcendencia para o futuro dos veciños afectados e para o conxunto de Burela. O PP afirma que o prazo para facer alegacións acaba o día vinteseis do presente mes, e que o pleno ou se celebra o vintetrés ou o alcalde terá un pleno duro tal e como se merece pola súa forma de actuar.

Para o PP, cabe preguntarse onde están as promesas da campaña electoral de escoitar e contar con todo o mundo, e e de defender os intereses dos vecinos. Semella que o alcalde vai co paso e coas mans cambiadas, e non sabemos exactamente os motivos.

Os populares consideran que esta forma de actuar do alcalde é un enorme desprecio ós veciños e veciñas de Burela. Para o PP, estamos outra vez revivindo épocas de intolerancia e totalitarismo, onde o “ordeno e mando” era a moneda de cambio, agora personificadas neste alcalde que practica un “buenismo” que xa non engana a ninguén, porque non cumple nada do que di, e porque usa o engano como arma para convencer.

Os populares entenden que o alcalde e Nieves Cando non merecen ocupar o posto que ocupan, porque actúan con criterios partidistas e esquecen os intereses dos vecinos. O papel de Nieves Cando é para preguntarle se defende á Xunta ou defende ós vecinos. Xa nos gustaría saber se ela estaría disposta a que lle expropiasen os terreos para facer un pelotazo urbanístico dentro duns anos.

O PP felicítase da inauguración da nave de redes.

Os populares lembran que as primeiras reunións celebráronse no concello durante o mandato de Barcia.

O PP de Burela felicitouse hoxe pola posta en marcha da nave de redes, obra importante para o sector pesqueiro de Burela e que se enmarca dentro do Plano Director do Porto de Burela, que foi elaborado a principios de 2005, consensuado entre o sector e a Xunta, e coa colaboración do concello de Burela, gobernado polo PP.

Os populares lembran que as xestións para construir a nave de redes comenzaron durante a celebración da edición de EXPOMAR de 2007, como consecuencia do temporal de vento, e que as mesmas foron posibles gracias á boa sintonía personal e institucional existente entre as administracións, o concello burelés gobernado polo PP, por un lado, e a Consellería de Pesca e Industria por outro.

Igualmente, o PP burelés fai fincapé en que as primeiras reunións tiveron lugar no propio concello, convocadas por González Barcia, alcalde naquel momento, nas que participaron as consellerías de Pesca e Industria, o sector pesqueiro, e o propio concello.

Exit mobile version