MONDOÑEDO .- A Deputcaión Provicial de Lugo rescindiu o contrarto de rehabilitación do interior das covas do Rei Cintolo de Mondoñedo. Segúndo indicou Gato Soengas agora será “o Concello de Mondoñedo e a Consellería de Cultura serán os que acometan a partir de agora os futuros proxectos relacionados con estas covas.
Nota de Prensa
A Deputación rescinde o contrato de rehabilitación do interior das Covas do Rei Cintolo
– Gato Soengas dixo que o Concello de Mondoñedo e a Consellería de Cultura serán os que acometan a partir de agora os futuros proxectos relacionados con estas covas
A Deputación resolveu de mutuo acordo coa empresa adxudicataria o contrato para a rehabilitación do interior da Cova do Rei Cintolo, unha decisión aprobada pola Xunta de Goberno deste venres. O voceiro do grupo provincial socialista lembrou que “as xestións realizadas polo organismo provincial co Concello de Mondoñedo e a Federación Galega de Espeleoloxía permitiron desbloquear a reapertura destas covas, situadas no municipio mindoniense, logo de que a devandita Federación interpuxese un recurso que obrigou á suspensión das visitas en 2006”.
O organismo provincial aboará á empresa Extraco, en concepto de indemnización, o equivalente ó 3% do prezo de adxudicación, o que supón 11.860 euros. Gato Soengas subliñou que “unha vez resolto o contrato, serán o Concello de Monodoñedo e a Consellería de Cultura os que acometan proxectos que non sexan impactantes co contorno e que permitan que os cidadáns disfruten deste espazo”.