O Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro tamén acollerá as sesións de cinema infantil previstas para os días 25 e 27 de decembro e 1 de xaneiro, a partires das 17:30 horas. Segundo explicou a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, “as proxeccións están dirixidas a menores acompañados de adultos e tamén ó público familiar”.
E a Biblioteca Pública Municipal organiza a concurso de poesía Nadal 2008 no que poden participar os nenos e xóvenes do concello ata os 16 anos. Establécense 3 categorías, a primeira para nenos ata 8 anos; a segunda de 9 a 11 anos e a terceira de 12 a 16. A data de presentación das poesías remata o 24 de decembro. Os interesados poden atopar máis información e as bases do concurso na biblioteca. Adela Rodríguez agarda “unha alta participación nesta edición porque outros anos os nosos nenos responderon moi ben”.
As actividades de Nadal de Barreiros rematarán o 5 de xaneiro coa chegada dos Reis que visitarán o belén no Centro Social e despois entregarán golosinas ós nenos que acudan a esta cita “vanlles preguntar si deixaron maíz e auga para os cabalos e como se portaron durante o ano, e despois pola noite procederán ao reparto de agasallos”, engade a edil de Cultura.
Esta programación foi dada a coñecer no día de hoxe pola concelleira de Cultura, Adela Rodríguez e polo alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga.