Site icon Crónica3.com A Mariña

Charlas de prevención para a saúde en Burela

BURELA .- A Delegación de Sanidade do Concello de Burela organiza un ciclo de once charlas de prevención de saúde que darán comezo o 16 de xaneiro de 2009. Ese día os expertos falarán de nutrición e saúde e dos trastornos alimenticios. O lugar de celebración será a Sala de Conferencias (antiga biblioteca) a partires das oito da tarde.

Neste ciclo abordaranse tamén cuestións coma a diabete e a hipertensión; o alzheimer; a depresión, a ansiedade e o estrees; a prevención da violencia de xénero; os primeiros auxilios; a automedicación responsable; a menopausa; a prevención de sida e drogas de abuso; o asma e a bronquite crónica e a osteoporose e reuma.

A edil de Sanidade, Sonia Fraga, asegura que se perfilou este programa “atendendo un pouco ó interese que ten a xente por todos estes temas. Son unhas conferencias moi interesantes que serán impartidas por persoal facultativo. Queremos que a xente participe e que poida preguntar e expoñer as dúbidas que teña sobre todas estas doenzas”. A concelleira socialista anima aos veciños de Burela a achegarse ó Salón de Conferencias para asistir a este ciclo de once conferencias que comezan o 16 de xaneiro.

Exit mobile version