CERVO .- O Concello de Cervo non ten que consignar 442.637 euros a favor da empresa Coto, según indican desde o goberno municipal facendo referencia a unha sentencia do Tribunal Supremo. O Concello de Cervo procederá a executar a liquidación final do contrato que o unía á empresa Coto e a liquidación final resultará favorable ao Concello, polo que “lonxe de ter que pagar, será a construtora quen deberá devolver as cantidades inxustamente percibidas” aseguran
Nota de Prensa
Todas as resolucións xudiciais dan a razón ao Concello de Cervo nos contenciosos iniciados contra a empresa Coto como consecuencia do polémico plan de asfaltados PLACER, e avalan a improcedencia do pago de 1,3 millóns de euros que o anterior Goberno socialista quería abonar a esta empresa
O TS CONFIRMA QUE O CONCELLO DE CERVO NON TEN QUE CONSIGNAR 442.637 € A FAVOR DA EMPRESA COTO
*
Satisfacción no Equipo de Goberno por esta sentenza que avala cada un dos pasos que iniciaron no seu día “O Concello non pagará un só euro do que non se fixo do Placer”
*
Coa chegada dos populares á Alcaldía no ano 1999 o Concello suspendeu todos os pagos ao ser evidentes os múltiples fallos e imperfeccións descubertos nas obras de asfaltado desenvolvidas por Coto.
*
Agora o Concello efectuara a liquidación definitiva do contrato que lle une coa construtora e que previsiblemente será favorable. “Lonxe de ter que pagar, será COTO quen deberá devolver as cantidades inxustamente percibidas”.
Cervo, 16 de decembro de 2008.- Todas as resolucións xudiciais dan a razón ao Concello de Cervo nos contenciosos que mantén coa empresa Coto como consecuencia do polémico Plan Placer, plan de asfaltados adxudicado no seu día polo anterior Executivo municipal socialista. O máis alto órgano xurisdicional en España anula nunha sentenza notificada o pasado martes, a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que se requiría ao Concello de Cervo a consignar no xulgado 442.637,28 euros en concepto de débeda principal máis intereses.
Esta sentenza, favorable aos intereses do Concello de Cervo, súmase a outra do Tribunal Supremo que, con data 21 de maio de 2008, anulaba o pago de máis dun millón de euros en favor da empresa Coto. Na resolución de hoxe o alto tribunal vén a confirmar queo Goberno Municipal do Partido Popular actuou correctamente cando decidiu non incluír nos orzamentos de 1999 e 2000 estas supostas cantidades adebedadas.
SATISFACCIÓN NO EXECUTIVO MUNICIPAL
Desde o Executivo municipal acollen con satisfacción esta nova resolución xudicial por canto vén a garantir que o Concello de Cervo “non ten que pagar un só euro á empresa Coto como consecuencia do Plan Placer”. Esta decisión tira por terra as declaracións realizadas no seu día polos responsables da empresa, nas cales daba npor seguro que o Concello veríase na obriga de consignar as cantidades supostamente adebedadas nos xulgados e que poderían ascender a 1,3 millóns de euros.
Segundo o Goberno Municipal o Tribunal Supremo “avala cada un dos pasos que no seu día iniciamos”. Coa chegada dos populares á Alcaldía, no ano 2002, o Concello suspendeu todos os pagos ao ser evidente os múltiples fallos e imperfeccións descubertos nas obras de asfaltado desenvolvidas por Coto.
OBRAS SEN EXECUTAR
O alcalde de Cervo Alfonso Villares Bermúdez, confirmou con rotundidade que o Concello “non pagará o que non se fixo do Placer” e lembra que non é a única sentenza favorable para os intereses municipais e nas que se confirma “a existencia de importantes fallos e imperfeccións nas obras desenvolvidas por Coto, con cargo ao plan Placer”
“Convén ter en conta que todas as reclamacións promovidas ata o momento polo contratista foron resoltas e desestimadas. En consecuencia, todos os pronunciamentos xudiciais que analizaban o fondo do asunto, ata o momento, acreditan as múltiples deficiencias dun plan, promovido polo Goberno socialista” -engadiu o rexedor cervense.
Villares insistiu en que existen múltiples informes elaborados pola consultora NORCONTROL e o Centro de Experimentacións de Obras Públicas (CEDEX), dependente do Ministerio de Fomento, que corroboran que Coto facturou máis unidades de obra das que realmente executou, “nun exceso que os devanditos informes cuantifican en máis de 178 millóns de pesetas”.
LIQUIDACIÓN FINAL A FAVOR DO CONCELLO
A partir deste momento o Concello de Cervo procederá a executar a liquidación final do contrato que o unía á empresa Coto para a execución deste plan de asfaltados. Segundo os cálculos manexados polo Executivo municipal a liquidación final resultará favorable ao Concello, polo que “lonxe de ter que pagar, será a construtora quen deberá devolver as cantidades inxustamente percibidas.”