BARREIROS .- O Concello de Barreiros pon en marcha a campaña Un neno, un xoguete para que ningún rapaz quede sen agasallos este Nadal. O alcalde, Alfonso Fuente, explica que “é a primeira vez que se fai esta campaña no noso Concello e o que pretendemos é que ningún neno quede sen xoguetes. Queremos que Papá Noel ou os Reis Magos cheguen a todos os fogares de Barreiros”.
O rexedor sinala que “nos Servizos Sociais do Concello, nos colexios e no Centro de Saúde toda aquela xente que teña xoguetes en bo estado que os seus nenos xa non utilizan poden deixalos nestes puntos e todos aqueles pais que teñan problemas económicos poden dirixirse ós Servizos Sociais para facer as solicitudes correspondentes e despois se porá a data para a entrega que realizarán ou Papá Noel ou os propios Reis Magos. Serán eles os que lles entreguen os xoguetes a eses nenos”.
Alfonso Fuente engade que “para os nenos o máis triste que pode pasarlles é que se queden sen un regalo nestas datas e eu creo que hai que ser solidarios e iso é o que lle pedimos á xente de Barreiros, que sexa solidaria no Nadal”.