Nota de Prensa
O GMPP afirma que o DOG acredita a vagancia do alcalde.
Os populares aseguran que se perdeu a subvención para abrir os centros de ensino fóra de horario.
Consideran que o alcalde non tén ningún interese polo concello nin polos veciños.
O GMPP manifestou hoxe a través dunha nota de prensa que unha vez máis ratifícase o escaso ou nulo traballo do alcalde e do bigoberno burelés. Se alguén tiña algunha dúbida da vagancia deste home e do seu equipo, a última mostra podémola atopar nada máis e nada menos que no Diario Oficial de Galicia do pasado venres, día vinteoito de Novembro, na que se publica o anuncio de concesión, por parte da Consellería de Educación, de axudas a concellos para a apertura de centros de ensino fóra do horario escolar. Pois ben, a Consellería concede subvencións a uns douscentos concellos de toda Galicia , pero denégallas soamente a seis, entre eles o Concello de Burela, por non ter presentado ou desagregado o presuposto da actividade.
Se hai meses se perdera unha subvención para o programa de desayunos saudables, e hai uns días denunciábamos a perda dunha axuda para medidas preventivas da violencia de xénero, agora temos que sacar á luz pública unha nova mostra da vagancia do noso alcalde e do seu equipo, que acarreará que os centros escolares do noso concello non poidan abrir fóra do horario escolar, ou que o faigan con cargo ós bolsillos de todos os cidadáns do noso concello, e sen ter un só euro de axuda da Xunta de Galicia. A Xunta destina a este programa cáseque dous millóns e medio de euros, e o Concello de Burela podía recibir, vía subvención, hasta un oitenta por cento do gasto total. Concellos coma Foz ou Vilalba reciben ó redor dos vinte mil euros cada un, e Ribadeo algo máis de dez mil.
Para os populares, se o alcalde se caracteriza por non apostar por ningún proxecto ilusionante e que xenere confianza no futuro do noso concello, tampouco é un dos seus fortes o mirar polo día a día. É evidente que non tén interese nin polo concello nin polo benestar dos vecinos. Os vecinos xa saben que o alcalde di a todo que si, pero tamén saben que nada do que se di se fai, o que quere decir que é mui bonito chegar a fin de mes, cobrar, e nada máis. Este buenismo xa non engana a ninguén, e por riba está trasnochado; que se deixe de xoguiños de maxia e que traballe, que par eso lle pagan.