Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela organiza un curso de informática para traballadores

BURELA .- Dende a Delegación de Formación e Emprego do Concello de Burela, infórmase que vai comezar un curso de windows e informática, dirixido a traballadores en activo de pymes e autónomos. O curso, organizado polo Concello de Burela coa colaboración da Grupo Academia Postal, está subvencionado polo Plan Avanza, do Fondo Social Europeo e Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. No desenvolvemento do curso, abordaranse os seguintes temas: Tic, Windows XP, Word, Excel, Acces, Internet, Outlook e Power Poit.

O curso, segundo a edil de Formación e Emprego, Sonia Fraga “é 100% gratuito, será on- line e haberá unha aula de informática aberta dispoñible para aqueles alumnos que non dispoñan de conexión a internet ou lles xurda algunha dúbida”. Os interesados en obter máis información poden contactar co departamento de Emprego do Concello de Burela, situado en Avda. Arcadio Pardiñas, 137, entrechán (instalacións de Expomar) Teléfono: 982 5… a partir do 06 de xaneiro de 2009.

Exit mobile version