Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela editou mil exemplares do libro “merluza do pincho”

BURELA .- A concelleira de Mar, Remedios López presentou hoxe o primeiro libro adicado á pescada do pincho de Burela “un dos produtos mais prezados do noso peirao e que pola súa calidade, fai que o nome de Burela estea presente en todo o territorio nacional”. A edil socialista explica que “este primeiro libro de gran calidade, está dentro dunha serie de exemplares recopilatorios dos produtos do mar, que terán o nome de “Os sabores do noso mar”. Estes exemplares darannos a coñecer algunhas propostas gastronómicas elaboradas polos nosos hostaleiros”.

Remedios López Villar engade que nesta ocasión editáronse 1.000 exemplares, que serán distribuídos entre os hostaleiros que participaron nas primeiras xornadas gastronómicas: A parrillada de Jandro, Mesón Botafumeiros, Mesón O Poeta, A Bodeguilla, Restaurante Os Remos, Restaurante Sargo, Mesón Don Jamón, Restaurante O Portelo, Pizzbur Cervexería, Bar-Restaurante Miranda, Restaurante Palacio de Cristal e Hamilton. O resto serán distribuídos nas feiras turísticas nas que participe a Concellaría do Mar.

A responsable deste departamento fai unha invitación “a degustar algún dos productos que se comercializan no noso peirao neses restaurantes, e así os seus clientes serán agasallados cun destes exemplares nos que os hostaleiros de Burela soltan a súa creatividade”.

Remedios López anuncia que xa se está a elaborar o segundo recopilatorio de receitas neste caso adicado a exaltar outro dos produtos estrela do peirao de Burela que é o bonito do norte.

Exit mobile version