Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro acompaña a Núñez Feijoo a Arxentina e Uruguai e reunirase con mariñáns

Nota de Prensa

O deputado popular forma parte dunha ampla delegación de políticos lucenses que acompañaron ao Presidente do PPdeG, Alberto Nuñez Feijoo, na súa visita a Arxentina e Uruguai como candidato á presidencia da Xunta de Galicia

BALSEIRO MANTERÁ UN ENCONTRO CON MÁIS DE 800 MARIÑÁNS RESIDENTES EN ARXENTINA

•    O acto terá lugar hoxe martes 2 de decembro ás 19.00 horas na Casa de Palas de Rei.

•    Segundo os datos oficiais contidos no cento de residentes ausentes (CERA) preto de 7000 mariñáns viven fóra de España, entre eles 2000 na república Arxentina.

Cervo, 1 de decembro de 2008.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Balseiro Orol, encabeza unha ampla representación de cargos públicos lucenses que viaxaron a Arxentina co obxecto de manter unha serie de contactos cos mariñáns residentes neste pais de América Latina. De feito, para as 19.00 horas do día de hoxe está previsto un encontro na Casa de Palas de Rei sita no país austral, ao que están convidados preto de 800 mariñáns residentes na Arxentina.

Segundo os datos oficiais contidos no censo de residentes ausentes (CERA) preto da dous millares de persoas procedentes dos concellos da Mariña viven hoxe neste país, moitos deles vinculados as distintas actividades que desenvolven os centros e agrupacións galegas. Os preto de 2.000 mariñáns residentes na Arxentina forman parte dun colectivo de 7.000 mariñáns que segundo o último censo oficial residen fóra de España. Os concellos con máis mariñáns na Arxentina segundo o rexistro do CERA son Lourenzá e Mondoñedo, con cifras que se achegan ao medio millar.

BALSEIRO CON NUÑEZ FEIJÓO
O deputado popular forma parte da ampla delegación que ten acompañado ao Presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Nuñez Feijoo, na súa visita a  Arxentina e Uruguai co obxecto de dar a coñecer a súa candidatura á Presidencia da Xunta de Galicia. Ao mesmo tempo os populares lucenses queren ter constancia da situación na que se atopan as colectividades galegas nestes países da América latina, as súas problemática, inquedanzas e proxectos. Ao mesmo tempo aproveitarán para reforzar os lazos de unión cos seus respectivos concellos na Mariña.

Exit mobile version