Nota de Prensa
O GMPP afirma que o Concello perdeu alomenos seis subvencións no que vai de ano.
A última, unha subvención para Medio Ambiente.
Os populares aseguran que a resposta que se lle dá ó concello “é unha bulra”.
Pregúntase quen traballa realmente dentro do bigoberno.
O GMPP volveu hoxe a reprocharlle ó alcalde e ó bigoberno burelés o pouco traballo que se está a realizar, o que trae consigo a perda de subvencións. No que vai de ano, e que se saiba, perdéronse seis: unha para previr a violencia de xénero, a dos almorzos saudables, a destinada a apertura dos centros de ensino, dúas para a conciliación da vida familiar e laboral, e agora outra máis, destinada a Medio Ambiente, que foi solicitada á “Fundación Biodeversidad”. O proxecto para o que se solicitaba a subvención denomínase “Burela Natural”.
Para os populares, unha subvención máis perdida significa cartos perdidos en beneficio dos vecinos e veciñas do concello, e alguén tén que dar explicacións. Neste caso, que se perda uha subvencion en materia de Medio Ambiente significa que o concello de Burela, que antes tiña peso específico neste campo, e era un referente importante en Galicia e en España, agora non pinta nada. Tanto é así, que na comisión de dirección dos concellos galegos pola sostenibilidade o concello de Burela non figura para nada.
Os populares consideran que a resposta que se deu desde a Fundación Biodeversidad “é unha bulra para os veciños e veciñas de Burela”, porque afirma que se concederon 321 subvencións dun total de 431 solicitudes. Eso quere decir que estamos entre as 110 non concedidas, que non somos capaces a artellar políticas coherentes, o que significa que este bigoberno non entende o que é o traballo.
Pero tamén é unha bulra que non se lle concederan ó noso concello as outras subvencións perdidas, porque se perderon por falla de xestión política. Non poder abrir os centros fóra do horario escolar, ou perder axudas da Deputación para a conciliación da vida familiar, deixa claro que tal xestión política é cero.
O GMPP considera que non importa a contía da subvención, que se descoñece, pero o que sí é certo é que aquí non traballa ninguén, nin o alcalde, nin Nieves Cando, que só miran polo seu soldo, nin ningún dos outros concelleiros e concelleiras “acoplados ó poder” sin ningún tipo de escrúpulo e mirando polos seus intereses persoais e empresariais. Que se saiba, seis subvencións perdidas en 2008 é como para que algún ou algunha “politiquillo/a de salón e mercadillo” saia correndo do concello e non volva nunca a písalo, e por riba pida disculpas pola súa incompetencia política.
Por eso, os populares consideran que a este paso os vecinos e veciñas de Burela chegarán a decir o que se lles dí ós entrenadores de fútbol, “Llano, vete ya; Nieves, vete ya; Remedios, vete ya”, pola súa manifesta incompetencia para xestionar o concello.