Arturo Vigo Casabella e Andrés Rodríguez Ramos continúan liderando a liga de bolos do concello de Xove nas categorías de Maiores e Sub18. A última tirada foi en Morás e a vindeira será o sábado, día 6, no centro social de Súmoas. Na liga de bolos participan preto de 40 xogadores.