BARREIROS .- O responsable da Área de Cultura e Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, acompañado polos representantes da asociación de veciños de San Miguel de Reinante visitaron a escola de San Miguel. Antonio Veiga indicou que “e importante e salientábel que con esta obra de rehabilitación estamos dando continuidade ao ideario e o traballo iniciado fai agora cen anos polos barreirenses da diáspora, polo que queremos que este centro continúe sendo un polo dinamizador das actividades sociais e culturais de San Miguel e a comarca da Mariña”. Veiga comprometeuse coa redacción do proxecto de rehabilitación integral deste singular e magnifico edificio indiano que conlevará unha actuación en varias fases e anualidades.
Nota de Prensa
A ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACION DE LUGO COLABORARÁ COA ASOCIACION DE VECIÑOS DE S. MIGUEL DE REINANTE NA RECUPERACION DA ANTIGA ESCOLA DE SAN MIGUEL DE REINANTE
Antonio Veiga visitou a escola de San Miguel xunto con técnicos da Deputación e membros da asociación para cuantificar a inversión necesaria nas obras recuperación do edificio
Antonio Veiga comprometeu un importante investimento da Area de Cultura nestes edificios de cara ao ano 2009
Venres, 12 de decembro. O responsable da Área de Cultura e Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, acompañado polos representantes da AA.VV de San Miguel de Reinante, Juan Rodríguez Penabade Noela Fernández Soto e o concelleiro Xesús Díaz Blanco, ademais de técnicos da Deputación. Antonio Veiga anunciou que se consignara unha importante partida económica nos orzamentos da Area de Cultura da Deputación para o ano 2009.
Segundo Veiga a Area de Cultura da Deputación considera de gran valor o traballo realizado polos veciños polo que se comprometeu xa coa redacción do proxecto de rehabilitación integral deste singular e magnifico edificio indiano que conlevara unha actuación en varias fases e anualidades. Veiga recalcou que “é moi importante a recuperación do noso patrimonio arquitectónico e histórico pero así mesmo e importante e salientábel que con esta obra de rehabilitación estamos dando continuidade ao ideario e o traballo iniciado fai agora cen anos polos barreirenses da diáspora, polo que queremos que este centro continúe sendo un polo dinamizador das actividades sociais e culturais de San Miguel e a comarca da Mariña”.
2009 ANO DO CENTENARIO DA CONSTITUCIÓN NA HABANA DA ASOCIACIÓN “HIJOS DE SAN MIGUEL Y REINANTE”
A asociación “Hijos de San miguel y Reinante” constituíuse o 23 de agosto de 1908 na Habana e foi fundada por emigrantes de San Miguel e Reinante, no concello de Barreiros, que preocupados pola súa terra levaron adiante actuacións que contribuíron ao progreso da súa vila e comarca, a nivel cultural, educativo, formativo e económico. No caso da asociación da que este ano se cumpre o seu centenario con actuacións tan relevantes como a construción da antiga escola de Reinante cuxas obras comezaron no ano 1910 e remataron en 1925. A AA.VV de San Miguel de Reinante e continuadora do traballo dos barreirenses da diáspora, mantendo con esforzo o edificio e a organización de actividades culturais no mesmo.