Site icon Crónica3.com A Mariña

Amplíase ate o 5 de xaneiro o concurso fotográfico de escaparates de Burela

BURELA .- A Delegación de Comercio do Concello de Burela informa que se amplía o prazo para a entrega dos traballos que se presenten ao concurso fotográfico sobre os escaparates ata o vindeiro luns 5 de xaneiro de 2009. Segundo o edil nacionalista, José González Legazpi “a participación está a ser tan intensa ou máis que o ano pasado e agardamos que facendo esta ampliación do prazo aínda se incremente un pouco máis”.

Legazpi tamén lembra que os comercios de Burela xa repartiron uns 40.000 vales para participar nos sorteos da campaña Este Nadal Temos Moito que Ofrecerche. Serán 4.500 euros en premios os que se distribuirán segundo o concelleiro de Comercio “deste xeito haberá un primeiro premio, consistente en vales de compra, dos que a diferencia do pasado ano que recaía o premio nunha soa persoa… nesta ocasión desdobrámolo e incrementámolo un pouco de xeito que resultarán premiadas dúas persoas con 1.500 euros cada unha. Un segundo premio de 1.000 euros para o gañador do concurso ou maratón fotográfico de escaparates dos comercios e un terceiro premio que recaerá no comercio que resulte gañador dese concurso de fotografía que obterá un premio de 500 euros”.

Exit mobile version