Site icon Crónica3.com A Mariña

Ampliaron o ximnasio municipal de Xove e dotárono de novo equipamento

XOVE .- O martes procedeuse a reapertura do ximnasio municipal de Xove unha vez rematados os traballos de ampliación e dotación dce material. Agora conta con unha supercie de 180 metros cadrados, e unha nova dotación de seis  bicicletas estáticas, tres cintas de correr, dúas elípticas, un remo, toda clase de material de musculación como pesas, contractoras, bancos, multipower, e outros.

Nota de Prensa

O XIMNASIO MUNICIPAL REABRE AS SÚAS PORTAS AO PÚBLICO

Onte, martes 9 de decembro, nun sinxelo acto presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado polo 1º Tenente de Alcalde José Manuel González, a Concelleira de Cultura Dolores Meitín e a Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad, procedeuse á reapertura oficial do Ximnasio Municipal despois dunha profunda reforma, na  cal se pasou dunha superficie de 80 metros cadrados a  outra de 180. A duplicación deste espacio, supón, en principio, unha maior comodidade para o usuario, pero tamén supón a posibilidade de introducir máis aparatos e de distintas clases.

Ademáis de aproveitar os aparatos existentes, o Concello fixo unha inversión de orredor de 35.000 €uros en aparatos novos, dahí que o Ximnasio Municipal de Xove conte na actualidade co seguinte equipamento: 6 bicicletas estáticas, 3 cintas de correr, 2 elípticas, 1 remo, toda clase de material de musculación (pesas, contractoras, bancos, multipower, etc.), todo material de primeira calidade da marca Salter. A financiación deste equipamento correu maioritariamente a cargo do Concello de Xove, contándose tamén cunha subvención de 6.000 €uros por parte da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

Ademáis da estupenda equipación do Ximnasio, conta éste cunhas condicións moi boas, tanto de iluminación natural como de ventilación, co fin de que os usuarios poidan desenvolver a súa actividade coas maiores comodidades.

O horario de apertura, do que xa poden disfrutar os usuarios/as, é o mesmo da Piscina:

-De 10:00 a 13:00 pola mañá.

-De 16:30 a 21.30 polas tarde.

Exit mobile version