Nota de Prensa
Barreiros, 10 de decembro de 2008. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, amósase sorprendido coas declaración efectuadas días atrás polo BNG acusándoo de entorpecer os traballos da comisión de seguimento da A-8 ao seu paso por este municipio. Fuente Parga di que “desde o primeiro momento que se pediu crear esa comisión se aceptou sen ningún problema e se creou. Levamos dous sábados traballando e agora chegan estas críticas. O que me fai ver esto é que por parte do BNG non se quixo crear esa comisión para resolver os problemas dos veciños senón que quixeron creala para facer política e a intención do alcalde non é facer política senón solucionar os problemas dos afectados”.
O rexedor engade que “si estes señores seguen nesta posición o que teremos que facer é o que estábamos a facer antes que é que desde o equipo de goberno se visiten todas esas parroquias e se fale con veciños. O propio concelleiro de Obras sí que ve beneficiosas todas estas reunións que están tendo lugar os sábados e nas que se conversa cos afectados”. Alfonso Fuente manifesta que “as asociacións son as que convocan a todos os veciños das parroquias, pero é que non todos están afectados polas obras da A-8. Polo tanto haberá que resolver os problemas dos que resultaron afectados que é o que se viña facendo e o que se vai facer”.
Fuente Parga insiste en “algúns quixeron crear dita comisión de seguimento para facer política con ela e eu creo que ten que traballar en beneficio dos veciños de Barreiros. Non debe estar para facer política entre os políticos”.